Skip to Content

Animación á lectura

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!

E chegou o GRAN DÍA! Todos e todas estabamos moi ilusionados coa apertura da nova biblioteca. 

Despois de meses de duro traballo, adicaremos varios días a inaugurar este máxico espazo que será o eixe central de todas as actividades do centro.

Dous alumnos voluntarios de sexto, Adrián e África, cortaron a cinta para a apertura da biblioteca. 

 

Comezamos coa visita de Magín Blanco, o venres 14 de febreiro, para o alumnado de 4º, 5º e 6º, ainda que tamén fixo unha paradiña co alumnado de infantil que quedou abraiado coas súas cancións.

Todo preparado para comezar!

XA CHEGA O ENTROIDO!

 

COMEZA O NOSO ENTROIDO OLÍMPICO!

O luns 17 de febreiro comezamos a troula!

Seguide con atención as instrucións do Meco!

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz cunha xornada de convivencia no patio. 

Cantamos "Todos somos capitáns" de Magín Blanco e demos lectura  ao noso Decálogo para xogar en Paz, elaborado por todo o alumnado do centro.

O Decálogo quedará exposto no centro durante todo o curso pois son as normas que aportou o alumnado, as normas que eles e elas decidiron para poder xogar a través do diálogo,  o respecto e a inclusión. 

Noraboa a todos e todas por este magnífico traballo!

Investigando sobre os deportes: bádminton

O alumnado de 5º xa comezou a traballar sobre un dos deportes olímpicos: o bádminton.

O bádmintpn é un deporte en que se enfrontan dous xogadores, ou dúas parellas de xogadores, sobre un campo rectangular dividido transversalmente por unha rede, que consiste en golpear o volante cunha raqueta de maneira que, pasando por riba da rede, toque no chan do xogador contrario.O bádminton incorporouse como deporte de exhibición nas Olimpíadas de Seúl, en 1988.

SAMAÍN 2019

Mouchos, coruxos, sapos e bruxas

demos, trasnos e diaños...

É o conxuro da queimada? Non, son as Olimpíadas terroríficas do Ruxidoiro. Chegou esta bruxiña para presentar aos gañadores e gañadoras do concurso de micro-relatos de terror.

Aí tedes ao alumnado que encheu de historias de medo o noso colexio. Pasámolo de medo!

NORABOA A TODOS E TODAS!

XA PODEDES DESCARGAR O VÍDEO DO SAMAÍN!

BUSCADE NA GALERÍA DE VÍDEOS OU PREMEDE NESTA IMAXE

 

 

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS

Xa comezan a chegar as primeiras creacións con material de refugallo.

Que medoooo!

Se queredes participar, traede as vosas creacións terroríficas antes do 23 de outubro. Lembrade que tedes que utilizar material de refugallo e inspirarvos nos personaxes de Samaín practicando deporte.

Animádevos a participar!

SAMAÍN 2019

O Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizan un concurso de

MICRO-RELATOS DE TERROR

para o alumnado de 5º e 6º. Os relatos deberán entregarse ao profesorado titor nas aulas. Revisarase a ortografía, a boa letra e unha axeitada presentación. Podedes ilustrar o voso micro-relato como queirades. Lembrade que teñen que ser orixinais así que usade toda a vosa creatividade e imaxinación.

Os traballos serán expostos na web e, ademais, o día do Samaín faremos unha sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos.

Animádevos a participar!

O Equipo de Biblioteca, o Equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan as

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS.

Fabricade ou deseñade un personaxe de Samaín practicando algún deporte. Por exemplo, Drácula xogando ao baloncesto cun ollo de monstro.

14 DE Outubro

O luns 14 celebramos o Día das Mulleres Escritoras co lema Mulleres, amor e Liberdade. No vestíbulo do centro temos unha pequena escolma de libros escritos por mulleres. Pasade a botar unha ollada!

CONTACONTOS CON...

O pasado 27 de febreiro tivemos unha visita moi especial no noso colexio: Paula Carballeira, unha contadora de historias fermosas e moi divertidas. Charlamos sobre o seu libro "Bruxa e familia" e foi moi amable de asinar todos e cada un dos libros que lle demos. Con todo o que escribiu case lle dá para escribir outro libro! Guiño

Esperamos que nos faga outra visita!

CITAS A CEGAS CON...

Que andará argallando o equipo de biblioteca?

Se queres ter unha CITA A CEGAS cos libros e levar unha boa sopresa,

visitade a nosa biblioteca! No Ruxidoiro sentimos moito AMOR polos libros!

Distribuir contenido


by Dr. Radut