Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro di #acabouse
Na biblioteca temos as nosas lentes violetas porque cremos nun mundo sen violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.
En infantil, miramos o mundo con lentes violetas
O alumnado de 6º gravou na radio un manifesto contra a violencia de xénero, logo dunha reflexión nas aulas das distintas violencias, os estereotipos., micromachismos... Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.
O alumnado do 1º ciclo reflexionamos sobre o consentimento a través dos contos.
Como saudamos aos adultos?
Temos a obriga de bicar ou dar apertas se non queremos?
As nenas e os nenos temos dereito a decidir a quen bicar e cando bicar. Os adultos temos a responsabilidade de escoitar e respectar as súas decisións.
As nenas e os nenos de 2º gravamos na radio o noso manifesto.
"Nin un biquiño á forza"
Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.
Ademais fixemos a nosa versión do mesmo conto. Velaí vos deixamos o resultado.
Traballamos nas aulas sobre os estereotipos, contra todas as violencias, a importancia do consentimento e berramos #acabouse
Ao longo deste curso, comezando coa conmemoración do Día contra as violencias machistas, o equipo de convivencia propón unha serie de actividades para mirar o mundo que nos rodea con LENTES VIOLETAS.
Reflexións nas aulas sobre os estereotipos, os micromachismos; analizamos letras das cancións que escoitamos, as series que vemos, os "influencers" que seguimos e os libros que lemos e temos nas aulas.
Na biblioteca tedes unha urna para deixar as vosas reflexións. Animamos ás familias a participar!
Desde a biblioteca facemos as seguintes recomendacións lectoras, xogos e cortos que iremos ampliando coas vosas aportacións. Esperamos as vosas suxestións!