Skip to Content

CONVÍVE-T

ENCONTROS CO AUTOR: DAVID RODRÍGUEZ

O pasado 15 de marzo visitou a nosa biblioteca o autor do conto de Súperavoa, David Rodríguez.

O alumnado de 1º e 2º compartiu os súperpoderes que teñen as nosas avoas: dar mimos, curar as feridas, cociñar receitas soborosas, contar historias fermosas, facernos rir, sandar as penas...

 

Que faríamos nós sen as nosas avoas?

5ºB/ DIA DA ÁRBORE E DA POESÍA

POLO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA QUEREMOS FACER UN RECORDATORIO DA IMPORTANCIA DE COIDAR AS ÁRBORES POLOS ENORMES BENEFICIOS QUE NOS APORTAN, E CLARO FACÉMOLO PLANTANDO UNHA ÁRBORE E CREANDO UN POEMIÑA .

Festexémolo como se merece!

 
 

Xornadas interxeneracionais

Concurso de micro-relatos

Continuamos coas Xornadas de Portas Abertas

Non deixes que cho conten! Ven a coñecernos!

Recomendacións para o Día da Paz

O 25 de novembro dicimos #ACABOUSE

Ao longo deste curso, comezando coa conmemoración do Día contra as violencias machistas, o equipo de convivencia propón unha serie de actividades para mirar o mundo que nos rodea con LENTES VIOLETAS.

Reflexións nas aulas sobre os estereotipos, os micromachismos; analizamos letras das cancións que escoitamos, as series que vemos, os "influencers" que seguimos e os libros que lemos e temos nas aulas. 

 

Na biblioteca tedes unha urna para deixar as vosas reflexións. Animamos ás familias a participar!

Desde a biblioteca facemos as seguintes recomendacións lectoras, xogos e cortos que iremos ampliando coas vosas aportacións. Esperamos as vosas suxestións!

Distribuir contenido


by Dr. Radut