Skip to Content

ANPA

Actividades Extraescolares da ANPA

De todas as actividades extraescolares que vos propoñemos antes do verán, conseguimos ofrecervos as seguintes e nos seguintes días e horas:

- Luns de 15:30 a 16:30 Minichef (Infantil e Primaria)

- Martes de 15:30 a 16:30 Inglés (Infantil e Primaria)

- Mércores de 15:30 a 16:30h Patinaxe (Infantil e Primaria)

- Xoves de 15.30 a 16.30 h. Xogos predeportivos (Infantil e Primaria).

Se estás interesado nalgunha destas actividades póñase en contacto connosco no correo anpaoruxidoiro@gmail.com, indicando o nome e apelidos do alumno ou alumna, a súa idade, curso e actividade na que queres participar.

Lembrade que para apuntarse ás actividades da ANPA é preciso ser socio da ANPA, e se tes algunha dúbida, non esquezas consultarnos no correo da ANPA.

 

CONCILIA TARDE

Dende a ANPA O Ruxidoiro están a estudar a posibilidade da realización do Bos Días Cole pola tarde de 15:30 a 16:30h, sería un servizo cunha cota mensual aínda por determinar.

Os interesados deben enviar, antes do 15 de setembro, un email co nome e curso do alumnado ao email da ANPA:

anpaoruxidoiro@gmail.com

Contacto

Para poñervos en contacto connosco podedes facelo no seguinte correo electrónico:

anpaoruxidoiro@gmail.com

ou ben na caixa de correo que hai na entrada do colexio.

 

Facebook da ANPA O RUXIDOIRO

Estatutos da Asociación




Distribuir contenido


by Dr. Radut