Skip to Content

Comedor

MENÚ MAIO

MENÚ ABRIL

MENÚ FEBREIRO

MENÚ DE XANEIRO

Menú de Decembro

MENU DE NOVEMBRO

Menú Outubro

Menús Setembro

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

 

Estimadas familias,

Comunicámoslle que todos os alumnos e alumnas que solicitaron o servizo de comedor escolar para este curso 2023/2024 están admitidos.

Non obstante, sería conveniente que pasaran a comprobaran que están incluídos na listaxe de admitidos que está publicada no taboleiro de anuncios do interior do centro para evitar calquera posible erro.

Todos os alumnos de nova inscrición no servizo de comedor escolar e todos os que teñen que aboar o servizo, teñen que cubrir un impreso (ORDE DOMICILIACION - SEPA (NUEVO)) cos datos bancarios para enviarlle á empresa e entregalo no Centro. Este impreso pódese descargar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/15wPS1yTygs37-3aHWlfVFryxLrtb-pEB/view?usp=sharing

 Aproveitamos para informalos das normas a seguir ao longo do curso para evitar posibles reclamacións (familias que teñen que aboar o servizo de comedor) e tamén para non ter que desfacerse de menús que non se utilizan:

“O alumnado que non vaia a facer uso do servizo de comedor terá que comunicalo por correo electrónico antes das 9:30 h. de dito día. No correo electrónico deberán indicar o nome e apelidos do neno ou nena e o curso no que está matriculado así como o día ou días que vai a faltar.”

Segundo a Instrución 3/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento do comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023/2024: “Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, deberán ser suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.”

 

Un saúdo.

O equipo directivo.

MENÚ DE XUÑO

Distribuir contenido


by Dr. Radut