Skip to Content

Animación á lectura

APRENDE COAS MULLERES GALEGAS: MARUJA MALLO

 

Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.

Nesta web cóntannos a súa vida dunha maneira moi amena.

http://www.nomecuentescuentos.com/maruja-mallo-la-pintora-surrealista-que-lanzo-al-aire-su-sombrero/

Neste vídeo Maruja Mallo conta como se lle ocorreu pintar "Sorpresa do trigo"

Mirade que marabilla de versión deixounos Sara neste tempo de corentena.

No cole o alumnado de 5º fixera un obradoiro sobre a artista. Premede  na imaxe de Sara para ver o que fixeron estes nenos e nenas cando estaban en 4º.

Deixamos nos adxuntos unhas actividades sobre esta artista. 

 

APRENDE COAS MULLERES GALEGAS: ÁNGELA RUÍZ ROBLES

Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademáis de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.

Para saber e aprender máis podedes ver o seguinte vídeo

e tamén descargar as actividades nos adxuntos.

APRENDE COAS MULLERES GALEGAS: MARÍA VICTORIA MORENO

Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño".

Premede na imaxe para ver as fotos das Letras Galegas de 2018, homenaxe a Mª Victoria Moreno.

Se queredes facer unhas actividades sobre esta escritora podedes descargalas nos ficheiros adxuntos.

 

RUXI RETO 4: SOMOS ARTISTAS!

                                                 

   SOMOS ARTISTAS!

Aínda estades a tempo de enviar as vosas obras de arte. Deixamos algunhas das que mandaron para que vos animedes!

   

 

      

Con motivo do Día Mundial da Arte, o vindeiro 15 de abril,

propoñemos o seguinte reto.

Apetécevos imitar obras de arte de artistas famosos?

Sacade o voso lado máis artístico e poñédevos mans á obra…

á obra de arte!

Seguindo a idea do Museo Getty, Los Ángeles, que lanzou un reto que

consiste en escoller a túa obra de arte favorita e recreala con cousiñas

que teñas por casa: toallas, sabas, floreiro, roupa vella, cadeira…

 Nestes momentos agradécese non só a creatividade e a imaxinación senón tamén un chisco de humor.

Non é só unha foto, é un OBRA DE ARTE!

Deixamos algunas ligazóns a museos e galerías de arte para que copiedes ideas

MUSEO DO PRADO- MADRID                          MUSEO DO LOUVRE-PARÍS

BRITISH MUSEUM- LONDRES     NATIONAL GALLERY OF ART- WASHINGTON

TATE MUSEUM- LONDRES                      VANGOH MUSEUM- AMSTERDAM

MUSEO BELAS ARTES- A CORUÑA                          MUSEOS DE GALICIA

 

Tamén vos deixamos algunha obra, escollede a que máis vos guste…

       

 

  Sorpresa do trigo                O Grito                      Conversa na praia           A Gioconda  

    (Maruja Mallo)              (Edvard Munch)                (Luis Seoane)         (Leonardo da Vinci)
 

Velaí tedes dúas primeiras contribucións!

 

     Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:

ceiporuxidoiro@gmail.com

A imaxe deberá ir acompañada dos seguintes datos:

Foto do cadro orixinal co título e o autor/a, foto da vosa creación cun título , nome e apelidos.

Lembradse indicar o teu nome e apelidos e o curso e autorización das

vosas familias para publicalo.

DATA DE ENTREGA: ata martes 14 de abril

 

RUXI RETO 3: RECEITAS LARPEIRAS

 Xa están aquí todas as vosas receitas!

Se queredes velas premede na imaxe.

ATENCIÓN!

Seredes quen de atopar a receita intrusa?

Ruxipista: é unha receita moi útil estes días  pero que non podemos comer.

Que será?

Grazas,unha vez máis, pola vosa colaboración!

 

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

                               

 

Dende 1967 o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como ‘La Sirenita’, ‘El patito feo’ ou ‘El soldadito de plomo’. O obxectivo é espertar o interese e o amor polos libros e a lectura para nenos e mozos e convertelo nun hábito da vida.

 Dende a biblioteca do noso cole, propomos as seguintes actividades para celebra este día:

        PACO NOGUEIRAS

 O Xoves 2 de abril ás 17h. tedes unha cita para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil con Paco Nogueiras,Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG.

Cantará cancións nos directos de Instagram e Facebook.

https://www.facebook.com/1027149159/posts/10218373756988406/

·       

Contos clásicos

https://www.muchoscuentos.com/

·       

Algúns vídeocontos:

Rato do monte e rato da casa:

https://www.youtube.com/watch?v=rKbgzqLHpA8

A que sabe a lúa?:

https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A

·       

Máis libros para ler:

Preme na imaxe e poderás ler o libro

        

 

Tamén temos algunhas versións en galego que podedes descargar en GaliciaLe

                                                     

 

             Desfrutade da música, do baile e da lectura!!!

 

 

O VIRUS QUE PERDEU A COROA

Deixámosvos un fermoso conto de Loida Fernández, unha actriz adicada a interpretación para nenos e nenas en Ribeira. Esperamos que vos guste!

RUXI RETO 2

RUXI RETO 2: QUE FACEMOS EN CASA?

AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ENVIAR O VOSO RUXI RETO 2

Velaí tedes outra mostra que nos deixa Ángel.

Animádevos a participar!

O RUXI RETO 2 consiste gravar audios ou vídeos en lingua galega  seguindo este guión:

APRENDEMOS EN CASA

 

Resultado de imagen de G2 televion galega logo

 

A partir do luns 23 de marzo a segunda canle da Televisión de Galiza

emitirá programas educativos adicado ao estudantado.

A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Premede na imaxe para acceder á programación.

MENSAXES SOLIDARIAS!

 

Estimadas familias,

Achegamos o resultado do primeiro Ruxi Reto. Moitas grazas ás familias e ao profesorado participante.  seguide atent@s á web  e ao blog da biblioteca para máis retos e novidades.

Premede en #EUQUEDONACASA para ver o vídeo.

Co desexo de vernos pronto e que esteades todos e todas sans e a salvo.

#EUQUEDONACASA

 

#RUXIDOIROSOLIDARIO

Distribuir contenido


by Dr. Radut