Skip to Content

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!

E chegou o GRAN DÍA! Todos e todas estabamos moi ilusionados coa apertura da nova biblioteca. 

Despois de meses de duro traballo, adicaremos varios días a inaugurar este máxico espazo que será o eixe central de todas as actividades do centro.

Dous alumnos voluntarios de sexto, Adrián e África, cortaron a cinta para a apertura da biblioteca. 

 

Comezamos coa visita de Magín Blanco, o venres 14 de febreiro, para o alumnado de 4º, 5º e 6º, ainda que tamén fixo unha paradiña co alumnado de infantil que quedou abraiado coas súas cancións.

Todo preparado para comezar!

"Todos somos capitáns"

Continuaremos coas xornadas de inauguración o vindeiro luns, 17 de febreiro, coa visita de Pablo Nogueira que nos contará "Nube branca" e "A banda de Raimunda" ao alumnado de infantil, 1º,2º e 3º.

E, o 3 de marzo, contaremos con Susa Herrera para o alumnado de infantil a 4º de primaria.

Nuns días colgaremos o vídeo das actividades de inauguración. Estade atentos!

 



story | by Dr. Radut