Skip to Content

Monthly archive

TRIATLÓN TUI-PORRIÑO

 V Triatlón Concello de Porriño

O vindeiro sábado, 27 de maio de 2017, terá lugar o V Triatlón Concello de Porriño. Nesta modalidade deportiva os atletas terán que realizar, 5km de natación no Río Miño en Tui, 20 km de carreira en bicicleta dende Tui ata Porriño e rematarán con 2,5km de carreira a pé no Concello de Porriño.

Poderán participar en esta proba os atletas de categorías cadetes e superiores.

 Animamos a todos os alumnos/as do cole a disfrutar de esta actividade nas inmediacións do paseo marítimo de Tui, lugar onde se vai levar a cabo a natación e a zona de transición á bicicleta.

Campo a Través Zonal 17-18. O Borralliño-Soutelo (Salceda de Caselas)

Campo a Través Zonal 17-18.

O Borralliño-Soutelo (Salceda de Caselas)

18 Nov 2017     

            O pasado Sábado día 18 de Novembro tivo lugar a proba de Campo a Través Zonal da presente Campaña Deportiva, nas Instalacións deportivas do Borralliño en Soutelo (Salceda de Caselas). Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 2º a 6º.

         A competición deu comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:40h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 10:55h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:10h para a categoría Alevín Masculina (4º,5º),  ás 11:25h para a categoría Infantil Feminino (6º) e ás 11:40h para a categoría Infantil Masculino (6º).

         Foi unha xornada estupenda, onde participaron moit@s alumn@s do noso colexio. A nosa felicitación a tod@s por animarse a participar, graza a todos eles o colexio obtivo as seguintes clasificacións:

Equipo Benxamín Feminino: 2º Clasificado.

Equipo Benxamín Masculino: 2º Clasificado.

Equipo Alevín Feminino: 3º Clasificado.

Equipo Alevín Masculino: 4ºClasificado.

Equipo Infantil Feminino: 4º Clasificado.

Equipo Infantil Masculino: 3º Clasificado.

Aquí atoparedes máis información sobre as clasificacións individuais, as clasificacións por equipos, fotos e videos da xornada.

Moitas gracias a todos por participar e facer posibles estes bos resultados: @s participantes, ás familias e @s Mestres do colexio.

 

 

XORNADA INTERCENTROS. Nº2 - CEP ALTAMIRA

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Altamira de Salceda

Curso 16-17

Luns día 23 de Xaneiro de 2017

O pasado Luns día 23 de Xaneiro de 2017 tivo lugar no pavillón do Ceip Altamira de Salceda a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Altamira- Ceip Nº2. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h no Pavillón do Ceip Altamira e os cursos participantes foron 6ºB e 4ºB.

Durante a xornada xogamos a Xadrez, Bádminton, Volei, Balonmán, Baloncesto e Fútbol-sala. Darlles as gracias aos nosos compañeiros do Cep Altamira por facer que o pasáramos tan ben.

DESCUBRIMOS O BARRO

DESPOIS DE QUE LÚA NOS ENTREGASE UN AGASALLO POR AULA, E DESCUBRIRAMOS MEDIANTE UNHA BÚSQUEDA DO TESOURO QUE ERA UNHA TELLA, QUIXEMOS SABER MÁIS SOBRE AS MESMAS.

POLO QUE AO NOSO COLE VEU DE VISITA UN TELLEIRO, QUE TIÑA UNHA MÁQUINA MOI CHULA PARA FACER TELLAS.

AÍNDA QUE OS MAIORES INVESTIGARON MOITO MÁIS SOBRE O TEMA, A NÓS ENCANTOUNOS VELO, E PODER TOCAR AS TELLAS RECIÉN FEITAS.

 

 

 

 

PERO COMO OS DE INFANTIL QUEDAMOS COAS GANAS DE MARCHAR AS MANS CON BARRO, VEU A VERNOS SUSO, CO CAL PASAMOS UNHA MAÑA MOI DIVERTIDA.

MENTRES NÓS CREAMOS CO BARRO, EL FÍXONOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL: UN INDIO E UN PIRATA AOS NENOS DE 4 E 5 ANOS, POIS SABÍA O MOITO QUE NOS GUSTABAN E CANTAS COUSAS ESTAMOS APRENDENDO DOS MESMOS.

AOS NENOS DE 3, FÍXONOS UNHA ESCULTURA COA CAL QUEDAMOS ABRAIADOS DAS COUSAS TAN BONITAS QUE SE FAN CO BARRO.

GRAZAS POR VIR  SUSO, ESPERAMOS QUE VOLVAS PRONTO!

 

 

 

 

XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 16-17

Mércores día 15 de Marzo de 2017

 

O pasado mércores, día 15 de Marzo de 2017 tivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para os alumnos de 5ºA,5ºB e 5ºC.  a.

As probas nas que participaron todos os nenos foron:

60 m. Lisos.

500 m. Lisos.                                    

Lanzamento de Vórtex.                                

Salto de lonxitude.

Lanzamento de peso (2 kg.).

Relevo 4x60 m.

Aquí vos deixamos boa proba do ben que o pasamos, e do moito que disfrutamos facendo atletismo, cos nenos e nenas do Cep Altamira de Salceda, Ceip Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Pazos de Reis, Ceip Nº1 de Tui e Colexio Sta María Maristas.

Moitísimas gracias a todos por facer que disfrutásemos dunha mañán estupenda. Aquí vos deixamos os resultados.

  

 

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Guillarei

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Guillarei

Curso 16-17

Mércores día 3 de Maio de 2017

 O pasado Mércores día 3 de Maio de 2017 tico lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 6ºC e 4ºC.

Aquí vos deixamos algúns momentos da xornada

 

CLUBE RIBEX DE TUI

O Club Ribex de Tui, gaña o Trofeo Rosaleira.

O pasado domingo día 28 de maio, tivo lugar o Trofeo Rosaleira, o Cuarteto de Ribex coa coreografía “ Fobia”, proclamouse campeón do mesmo. Neste cuarteto participa Patri de 6ºC.

Na mesma xornada o equipo Xuveníl show pequeño, coa coreografía “ Para siempre”, tamén se proclamou campeón no mesmo torneo e na súa categoría.

Aquí vos deixamos video e fotos para que disfrutedes do ben que o fan e as gañas e ilusión que lle poñen. Noraboa campionas, e un noraboa especial a Patri.

Información facilitada pola familia de Patricia de 6ºC. Moitas gracias

PROMOCIÓN PADEL

Promoción de Padel

O pasado venres 22 de setembro de 2017, tivemos a Laura, Miguel e Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

Día de magosto

                                             MAGOSTO


O 20 de Outubro no noso colexio tivemos o magosto. Estivemos facendo os xogos populares,  foi moi divertido e entretido.

Ese dia comemos castañas e pan con chourizo (choripan) e tamén tivemos a baixada de carrilanas. Este ano houbo un gran número de carrilanas moi chulas: grandes,pequenas...

Tamén houbo moitos accidentes, pero ningún deles foi nada grave. Foron máis ben situacións "graciosas" que se produciron nesta actividade.

Gustounos moito o ambiente que houbo, xa que moitos nenos e nenas trouxeron as suas carrilanas e se divertiron tirándose con elas.

E todo iso fixemos ese dia con chuvia, pero que aínda así o disfrutamos un montón.

                                  Redactores:Jessy e Rodrigo de 6ºC



by Dr. Radut