Skip to Content

Monthly archive

RALLY DE MONTECARLO 2017

Rally de Montecarlo 2017

19-22 Xaneiro 2017

 

Do 19 ao 22 de Xaneiro tivo lugar a 85 edición do Rally de Monte Carlo 2017. Este ano esta proba contou con uns afeccionados de excepción, eles foron os nosos corresponsales deportivos na proba. Dani o pai e Pedro o tío de Claudia de 6ºA, estiveron disfrutando de esta gran proba xunto con uns amigos.

Como podedes comprobar estiveron nos boxes dos coches dos mellores pilotos do rally, disfrutando duns paisaxes impresionantes, das probas do rally e do mundo do motor que é un dos seus deportes favoritos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos e videos da proba para que vexades o impresionante e fascinante que é este rally. Podedes atopar máis información en: http://www.wrc.com/es/wrc/calendar/monte-carlo-2017/page/683--683-682-.html

Moitísimas gracias ao papá de Claudia de 6ºA, por compartir con nós toda esta información, e darnos aos  nenos do cole a posibilidade de saber máis sobre este rally.

SENDAS NO MONTE ALOIA

Sendas no Monte Aloia.

Turismo de Galicia presenta a nova web de Parques Naturais cunha sección especial para o Monte Aloia de Tui: http://valencainfo.blogspot.com.es/2017/03/turismo-de-galicia-presenta-nova-web-de.html

http://parquesnaturais.xunta.gal/gl/monte-aloia

Nesta web atoparedes información detalla, das distintas sendas das que podedes disfrutar de deporte en familia, nun entorno natural como o parque do Monte Aloia.

BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

ALGUÉN, NON SABEMOS QUEN FOI, ESCONDEU POLO PATIO DO COLE UN MONTÓN DE OVOS DE CHOCOLATE, POLO QUE SAIMOS MOI CONTENTOS A BUSCALOS.

TIÑAMOS QUE SER RÁPIDOS, PORQUE FACÍA MOITO SOL, E O CHOCOLATE DERRETÍASE. NON QUEDOU RECUNCHO DO PATIO SEN MIRAR.

DESPOIS DE TANTA BÚSQUEDA MERECIAMOS UN PREMIO, POLO QUE NOS PUXEMOS A PAPAR UNS POUQUIÑOS. MMMM... QUE RICO ESTÁ O CHOCOLATE.

 

 

 

COPA DO MUNDO DE PIRAGÜISMO

Brais Casás,  Roi Rodríguez e Manu Garrido, padeeiros do Club Kayak Tudense participarán na Copa do Mundo de Szeged ( Hungría).

 

Varios padeeiros do Club Kayak Tudense, participaran na Copa do Mundo que terá lugar en Szeged ( Hungría). Algúns deles xa estiveron presentes na Copa do Mundo que tivo lugar en Montemor Velho a pasada fin de semana do 20-21 de maio de 2017.

Dende o noso equipo de Deporte no 2, desexarlles moita sorte.

Podedes atopar máis información en: http://www.infominho.com/index.php/id/54/objeto/33680/claves/Los%20palistas%20del%20Kayak%20Tudense%20Brais%20Cas%C3%A1s%20y%20Roi%20Rodr%C3%ADguez-en%20la%20Copa%20del%20Mundo%20de%20Szeged%20Hungr%C3%ADa

NOTA DEPORTE ESCOLAR

NOTA INFORMATIVA DO MATERIAL NECESARIO PARA EDUCACIÓN FÍSICA2017-18

Actividades de Nadal en Tui

Actividades de Nadal en Tui

 

O próximo martes, 26 de decembro, comezan as actividades de dinamización infantil de Nadal e Reis promovidas pola concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui.

 

Por unha banda no Cárcere Vello, na rúa Sanz, haberá obradoiros infantís cuxo obxectivo é que os nenos redescubran a cidade histórica. Optouse por este emprazamento por tratarse dun espazo que reúne unha serie de características que o fan apto para os xogos e disfrute da infancia, de xeito que os cativos participantes asuman valores de respecto e recoñecemento cara el. Desenvolveranse actividades nas que os nenos se poidan achegar dun xeito ameno ao coñecemento das formas arquitectónicas dese espazo e que despois poidan trasladar ao debuxo ou modelado, xunto outro tipo de actividades como obradoiro de chapas, adornos de nadal con diferentes materiais, creación de tarxetas ou disfraces, karaoke, etc. Outras actividades previstas será a visita ás exposicións de Beléns na Catedral ou mesmo a interpretación dalgunha peza cun instrumento musical medieval.

 

Por outra parte a Sala Xacobeo na Área Panorámica acollerá outros obradoiros infantís que permitirán aos cativos coñecer de preto a fisionomía e características de diferentes

especies de réptiles e anfibios que, xunto cunha didáctica amena, proporcionarán ao nenos unha serie de valores de respecto cara a vida animal. Levaran a cabo actividades de debuxo e modelado das especies que poden observar para despois crear unha pequena exposición.

 

Os obradoiros terá lugar o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 de decembro, así coma o martes 2,mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xaneiro en horario de 10.30h a 13.30h. 

Máis información en :http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=4096

 

CAMPIONATO DE BALONCESTO BENXAMÍN C.B TUI

Campeonato de Baloncesto Benxamín CB.Tui .

14 /01/17

O equipo Benxamín do club Baloncesto Tui, está a levar a cabo a liga regular da categoría Benxamín de Baloncesto. Cada fin de semana un xogador é o protagonista do cartel que informa do partido da xornada.

A fin de semana do 14 de Xaneiro de 2017, os protagonistas foron 2 grandes xogadores do noso colexio.

Hector de 3ºB foi o protagonista do equipo Benxamín A.

E Diego de 3ºB  foi o protagonista do equipo Benxamín B.

Aquí vos deixamos boa mostra dos fantásticos carteis dos nosos compañeiros. Felicidades aos dous e aos vosos equipos.

Información facilitada pola familia de Diego de 3ºB. Moitísimas gracias Carmen.

A PAZ

AÍNDA QUE TÓDOLOS DÍAS TRABALLAMOS PARA A PAZ... HAI UNHA SEMANA QUE SE FESTEXA MÁIS, E SEMPRE FACEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

ESTE ANO A ANPA INVITOUNOS Á ÁREA PANORÁMICA A VER UNHA OBRA DE TEATRO, DA TROPA DE TRAPO. TAMÉN VIMOS O VIDEO DO MANEQUEEN CHALLENGE QUE SE FIXO POR TODO O COLE... A VERDADE TODOS O FIXEMOS ESTUPENDAMENTE.

 

   
   

 

 

PERO ADEMÁIS... ESTE ANO VEUNOS A VISITAR UN ARTISTA AO COLE, O CAL DECOROU UNHA DAS PAREDES, E DEIXOUNA PRECIOSA. ISO SI... OS NENOS DE INFANTIL TIVEMOS QUE AXUDARLLE A CREAR ALGÚNS DISEÑOS... ASÍ QUE PUXÉMONOS NUNHA CARTOLINA MANS Á OBRA, E DESEÑAMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS CON MOTIVO DO DÍA DA PAZ, QUE DESPOIS EL PINTOU NA PAREDE. A VERDADE É UN VERDADEIRO ARTISTA, E OS NENOS DO 2 ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE NOS PUXESE O COLE TAN BONITO!

 

 
   
   

 

 

 

CONTOS DEPORTIVOS

CONTOS DEPORTIVO

Seguimos aproveitando as clases de Educación Fisica para promover a lectura, como deporte que exercita o noso cerebro, a imaxinación e o pensamento.

Esta vez son os nenos e nenas de 3ºA que trouxeron uns contos da colección de "Teo" que teñen que ver con facer deporte.

Moitas gracias a todos e seguide buscando e investigando libros e contos deportivos.

 

 

FINAIS E RESULTADOS DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de maio de 2017

O pasado  mércores día 10 de maio,  tivo lugar a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Felicitar a todos os participantes do noso cole polos grandes resultados acadados.

Aquí vos deixamos as clasificacións e fotos da xornada.

Para ver as clasificacións preme aqui



by Dr. Radut