Skip to Content

Monthly archive

7º Campus de Nadal.

                                                  7º CAMPUS DE NADAL

O Anpa Diomedes do C.E.I.P Nº1 de Tui en colaboración co club Natación Eurocidade Thermalia Baixo Miño, organiza durante o Nadal o 7º Campus de Nadal en horario de 9:00h a 14:00h para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

As actividades serán Xogos, Bailes, Talleres de Nadal, Excursión Tren Turístico, etc…

Animádevos a disfrutar da máxia do nadal.


DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 17-18

Luns día 4 de Decembro de 2017

 O vindeiro Luns día 4 de Decembro de 2017 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºA, 3ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda. 

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

 Volei Curso 17-18

O Mércores día 29 de Novembro,  terá lugar a 2ª xornada de Volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta será a última xornada. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xorgar a temporada

17/18. O pasado 25 de Novembre os nosos deportistas xogaron esta fin de

semana contra o equipo do Novas. Neste equipo xogan e disfrutan do

balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui- Novás: 10-9/7-9/2-6/7-7

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui está a xogar a  temporada 17/18.  O pasado 18 de Novembro, os nosos deportistas xogaron un partido que gañaron e quedaron moi contentos. Neste equipo xogan do noso colexio: Lucía, Marcos, Marta, Iria e Asun. A súa adestradora é María unha gran xogadora e adestradora que está a facer que este equipo chegue ao máis alto da taboa clasificatoria.

 

Información facilitada pola familia de Iria Pato. Moitas gracias

II TORNEO de NADAL de Bádminton

II TORNEO de NADAL de Bádminton

organiza o Club Bádminton Tui

patrocina a Deputación de Pontevedra.

 O  venres 22 de decembro, de 16:00 a 21:00 h.

no Pabillón do IES San Paio de Tui

 Categorías: 

SUB 11 - SUB 15 - ABSOLUTO

y también RECREATIVO (categoría destinada a aficionados)

O vindeiro venres 22 de decembro o Club Bádminton Tui organiza o II Torneo de Nadal de Bádminton, que estará patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Será no Pabillón do Ies San Paio de Tui. As categorías serán Sub-11, Sub-15, Absoluto e Recreativo.

Inscripción son 5€, siendo gratuita para socios y jugadores del Club Bádminton Tui.

Entregaranse trofeos aos catro primeiros de cada categoría e sorteo de agasallos entre todos os participantes.

Será Necesario inscribirse previamente, adxuntamos ficha aquí, que  deberán enviar cuberta ao e-mail:cbtui2015@gmail.com antes do vindeiro día 12 de decembro.

Para máis  información poden chamar ao teléfono 649 901 305 ou por vía mail a:  cbtui2015@gmail.com

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 17-18

       O pasado mércores día 29 de novembro,  tivo lugar a 2ª xornada de Volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta foi  a última xornada.

Os nosos 2 equipos Benxamíns foron: 3º Clasificado e 4º Clasificado respectivamente.

Os nosos 2 equipos Alevíns foron: 3º Clasificado e 6º Clasificado.

 Felicitar a tod@s nen@s do colexio que participaron na competición e tamén por suposto aos compañeiros do Cep Pedro Caselles, Ceip Barrantes e Ceip Pintor Antonio de Goián por animarse a vir participar tamén.

Moitas gracias aos profes do equipo de deporte no 2 pola súa axuda e especialmente gracias á profe Lore e a Susi, que sempre están axudando e colaborando nas actividades deportivas do cole

Día de magosto

                                             MAGOSTO


O 20 de Outubro no noso colexio tivemos o magosto. Estivemos facendo os xogos populares,  foi moi divertido e entretido.

Ese dia comemos castañas e pan con chourizo (choripan) e tamén tivemos a baixada de carrilanas. Este ano houbo un gran número de carrilanas moi chulas: grandes,pequenas...

Tamén houbo moitos accidentes, pero ningún deles foi nada grave. Foron máis ben situacións "graciosas" que se produciron nesta actividade.

Gustounos moito o ambiente que houbo, xa que moitos nenos e nenas trouxeron as suas carrilanas e se divertiron tirándose con elas.

E todo iso fixemos ese dia con chuvia, pero que aínda así o disfrutamos un montón.

                                  Redactores:Jessy e Rodrigo de 6ºC

CAMPIONATO DO MUNDO DE BALONMÁN FEMININO

Campionato do Mundo de Balonmán Feminino

 

Dende a semana pasada estase a levar a cabo en Alemaña o Campionato do Mundo de Balonmán Feminino, do 1 ao 17 de  decembro de 2017.

Un total de 24 Seleccións nacionais compiten por facerse co título de Campiona do Mundo.

 

A Selección Española Feminina, está a competir tamén, a primeira fase fixoa no grupo A. Podedes seguir o campionato a través de teledeporte o na web: https://es.wikipedia.org/wiki/Campeonato_Mundial_de_Balonmano_Femenino_de_2017

 

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 17-18

Luns día 4 de Decembro de 2017

 O pasado, luns día 4 de Decembro de 2017 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 5ºA e 3ºC. Aquí vos damos conta do ben que resultou a xornada e do ben que o pasamos.



by Dr. Radut