Skip to Content

Monthly archive

XORNADAS INTERCENTROS

 Xornadas de Dinamizacións Intercentros en Horario lectivo 16-17.

Neste trimestre tamén dará comezo as xornadas de deporte escolar intercentros, durante a xornada lectiva. Nelas participa todo o alumnado de 3º ata 6º, indo cada curso un día.

Aqui vos deixamos o calendario da competición.

O  Vindeiro Luns día 23, en horario de 9:15-13:30h, os primeiros en participar nesta xornada serán @s @lumnos de 4ºB e 6ºB, que se desprazarán ata o colexio Altamira de Salceda para participar cos nenos/as de alí a: Minibalonmán, Minivolei, Bádminton, Baloncesto, Xadrez e Futbol-sala.

Tod@s @s participantes terán que traer chandal e equipación do colexio se tiveran, de non ter roupa deportiva, a mochila de cambio de educación física e merenda.

Se algunha familia de estes alumn@s se quere desprazar ata o Pavillón do Ceip Altamira, para acompañarnos, nos encantados de que nos acompañen e nos animen.

 

 

CONTOS DEPORTIVOS

Seguimos promovendo a lectura e o deporte esta vez foi Lía de 3ºA a que trouxo un conto para amosarllo aos campañeir@s.

O libro é sobre fútbol e está escrito en portugués e con unha forma chulisíma de balón de fútbol.

Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.

EQUIPO BENXAMÍN DE CALDELAS

 

O Equipo Benxamín Caldelas F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Benxamín do Caldelas F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da pasada fin de semana, 18 de febreiro de 2017, foi o seguinte, con estes resultados:

Choco Redondela – Caldelas Resultado 1-6

Neste equipo do Caldelas xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui; Jose, Diego, etc... Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada polos alumnos de 4ºB.

1ª XORNADA DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 5 de Abril de 2017

O vindeiro,  Mércores día 5 de Abril,  vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

LUIS FERNÁNDEZ E AINHOA LAMEIRO

 Luis Fernández e Ainhoa Lameiro

consiguen o seu billete internacional

As probas selectivas que se levaron a cabo no canal de Pau en Francia na modalidade de Slalom Olimpico, durante as pasadas semanas fixeron posible que Luis Fernández do Club deportivo Miño os Teixugos conseguira plaza para participar no campionato do mundo que terá lugar en setembro. Luis foi segundo e participará na categoría senior.

Por outro lado Ainhoa Lameiro do Club Piragüismo Penedo proclamouse campiona, o que lle permitirá participar no campionato do mundo que terá lugar no mes de xullo.

A nosa noraboa a estes dous grandes deportistas, e desexarlles moita sorte no vindeiro campionato do mundo.

RUTA POLO LOURO

Camiño de Santiago e Ruta do Louro 17

O C.E.I.P. Nº2 de Tui, levou a cabo a actividade de “Camiñando pola ruta do Louro” para os alumnos/as de  3º e 4º de Educación Primaria do noso centro educativo.

Dita actividade proposta polo polo Concello de Tui, e na que participaron os alumn@s do Ceip Nº1 e de Guillarei, levounos a camiñar  polo Camiño de Santiago e pola ruta do Louro, onde tamén disfrutamos da nova senda do Río Lagartón. Aquí atoparedes máis información: http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3929

Moitas grazas ao Concello de Tui pola proposta e esperamos poder repetila o vindeiro curso.

CLUBE BALONMÁN TUI

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui comezou o fin de semana do 28 de Outubro de 2017 a temporada 17/18. Os nosos deportistas xogaron esta fin de semana contra o equipo do Guardes. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

Os parciais foron: C.B.Tui- Guardés: 7-6/3-11/5-0/4-9

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

 

 

EQUIPO ALEVÍN A DO TYDE

 

O Equipo Alevín A Tyde F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da pasada fin de semana, 18 de xaneiro de 2017, foi o seguinte, con estes resultados:

 Tyde A F.C. – Louro Tameiga Resultado 2-1

 Isto fixo que o Tyde se clasifique primeiro de grupo e se proclame Campeon da primeira fase da liga. Noraboa campións!.

 Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada pola familia de Jorge Pascual de 5ºC.

 

 

 

 

 

LECTURA DEPORTIVA

Lectura deportiva.

Os alumnos de 5ºC, sorprenderonnos hoxe martes 7 de Febreiro de 2017, pois casi todos nas súas lecturas diarias estaba un libro dos “ Futbolísimos”. En cada momento que teñen libre, na escola, na casa…aproveitan para seguir as aventuras dos seus amigos os futbolísimos…

Norabo boa chic@s, pola vosa aficción á lectura e noraboa por escoller lectura deportiva.

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DUATLON

Gustavo Rodríguez Campeón de España de Duatlón

en Orihuela ( Alacante)

O pasado domingo, 5 de marzo tivo lugar en, Orihuela ( Alacante), o Campionato de España de Duatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo. Unha proba na que Gustavo rematou primeiro cubrindo unha distancia de 16km correndo, 66 km en bicicleta e por ultimo percorrendo 8 km correndo novamente. Noraboa a este gran atleta.

Podedes ver o video da carreira en:https://www.youtube.com/watch?v=eeSnTH8NY7U

 

 



by Dr. Radut