Skip to main content

ESCRITURA

CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas

Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado

polo alumnado de tres anos  a sexto de primaria. Son un

conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación

e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que

o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que

pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda

deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular,

dicidimos amosar unha destas posibilidades.

 

 

 

 

 

 

 

 

CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca,

sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado

Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.

 

Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional

que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA ALICIA FREIRE VERA #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de primeiro recibíu a visita de Alicia Freire Vera, escritora,

guionista, realizadora audiovisual... Despois de traballar sobre a súa

biografía fixéronlle unha pequena entrevista para recabar máis información.

Alicia foi quen de amosarlles que que as historias están na súa man, para iso

tornan os papeis, sendo ela quen pregunta e poñendo os contos nos beizos da rapazada.

 

 

 

 

 

PROVOCACIÓN DO XOGO Á ESCRITA #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sendo o motor da actividade o libro "Un año en el bosque"

de Emilia Dziubak creamos unha nova provocación neste caso

referida ao inverno. Como é o bosque en xaneiro e en febreiro?

Imos descobrilo xogando, argallando e resolvendo un encrucillado.

Ven trebellar no espazo argalleiro!

 

Encrucillado de @moonima.

 

 

 

CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - POR UN ALUMNADO EMPODERADO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs de alumnado de 5º e 6º de primaria teñen en marcha

diversas actividades que agora mesmo están a pleno rendemento.

No club de inventos están facendo duendes con calcetíns.

Os dous clubs de teatro andan a voltas cos ensaios das súas obras, escritas por elas e eles.

No club de reciclaxe hai cartón por doquier,

están facendo a árbore de Nadal coas súas decoración.

No club de baile non paran de mover o esquelete.

O comezo foi algo confuso, pois os clubs solapábanse en horarios e membros.

Pero tras a conversa e a reflexión chegou a calma e agora as datas son as seguintes.

Luns: Club de inventos

Martes: Club de reciclaxe

Mércores: Club de baile

Xoves e venres: Clubs de teatro (un grupo cada día).

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS NA BIBLIOTECA - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os interactivos dos Vagalumes xiraron ao redor de "Carrapuchiña Vermella".

Coa axuda das familias fixeron pizzas de Carrapuchiña e o lobo,

leron outra versión do conto "¿Qué me cuentas Caperucita" de José Carlos Andrés,

escribiron palabras arredor do conto cun xogo de letras

e fixeron un obradoiro cos protagonistas.

 

 

 

 

 

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Recursos e fondos da biblioteca escolar!

ABC Diario de Pablo Otero e  un xogo permite poñer en marcha a creatividade

con algo que nos identifica, que nos fai únicos e especiais, o noso nome!

 

 

 

 

OBRADOIRO LETTERING - ORGANIZADO POLO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o segundo obradoiro deseñado polo noso alumnado.

Julia agasallou o alumnado cun obradoiro de lettering.

Cando ao alumnado se lle ofrecen responsabilidades, responde con cousas tan fermosas coma esta.


Foi a primeira en apuntarse á convocatoria de obradoiros e faladoiros do alumnado

e tivo unha aceptación inmensa. Foi unha ledicia ver o ben que explica e o disfrute

dos seus compañeiros e compañeiras, que realmente están facendo caligrafía,

pero dun xeitos moi especial.

Igual que o resto de alumnas e alumnos formadores seguiú tódolos pasos requeridos.

Aquí unhas imaxes que constatan o ben que o pasaron, canto aprenderon e

un vídeo que amosa que as cousas necesitan un tempo para consolidarse.

 

ORTOGRAFÍA CON GENIALLY #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Coa intención de complementar a aprendizaxe da ortografía,

no noso alumnado, a BE "Carlos Labraña" deseña dous xogos en Genilly.

Son un apoio á escrita, podedes realizalos en calquera momento

e antes da sesión do obradoiro de "Cartas a Percebiño".

O primeiro está indicado para o alumnado de 2º de Educación Primaria en adiante

e o segundo para 5º e 6º de Primaria, preferentemente.

 

FANZINE - PROXECTO DE ESCRITURA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Durante o confinamento, o alumnado fixo diversas actividades na casa.

A escritura ten un peso importante e era necesario que pequenas e pequenos seguiran escribindo,

imaxinando, cohesionando os textos, cinguíndoos a unha ortografía e gramática precisa.

 

Pero todo isto, tiña que partir dos seus intereses, da súa imaxinación, das cousas da vida que para nada son impostas.

Así, os Vagalumes, decidiron realizar Fanzines, publicacións curtas, libres, persoais e moi, moi creativas.

 

A través de esta imaxen interactiva, poderedes ver pequenos retazos dos seus traballos e quen se anime facer o seu, quen sabe...

A imaxinación non ten límites, hai que deixala voar!

 

PROXECTO CORRESPONDENCIA - INTERCAMBIO CEP LOIS TOBIO

OS VAGALUMES DE 4º A VIAXAN ATA VIVEIRO PARA COMPARTIR UNHA XORNADA COS SEUS AMIGOS DE CORRESPONDENCIA DO CEP LOIS TOBIO. CONTINÚAN ASÍ, UN PORXECTO INICIADO O CURSO PASADO, ONDE SE COÑECERON A TRAVÉS DAS CARTAS E QUE ESTE VINDEIRO ANO TRAERÁ DIVERSAS NOVIDADES.

BIBLIOTECA CREATIVA

UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE. UN LUGAR PARA A COOPERACIÓN QUE BRINDA DIFERENTES OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE, DE EXPRESIÓN E DE CREATIVIDADE. UNHA BIBLIOTECA PARA TODAS E TODOS QUE CONTRIBÚE Á INCLUSIÓN.

A NOSA BIBLIOTECA CREATIVA!

ACTIVIDADES REALIZADAS NA NOSA BIBLIOTECA CREATIVA E INCLUSIVA.

O LABORATORIO DE APRENDIZAXE QUE ACOLLE A TODOS E TODAS,

UN ESPAZO FLEXIBLE CON MATERIAS DIVERSOS QUE OFERTA OPORTUNIDADES PARA ARGALLAR, CREAR, EXPRESARSE E APRENDER.

Distribuir contido