Título | Resumo |
---|---|
XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
Letras Galegas 2024 #bescolaresgal #ConcellodeCedeira #letrasgalegas2024 #LuisaVillalta #bescolaresgalabertas |
LETRAS GALEGAS 2024 Literarrúa 2024. Víchedes algún cartel novo polas rúas de Cedeira? O concello de Cedeira ofreceunos encher a Vila de versos galegos relacionados cos nomes das rúas e claro que quixemos participar nesta iniciativa. Aquí deixamos o vídeo do noso traballo.
Onte, fomos ao auditorio a seguir conmemorando as Letras Galegas cunha actividade moi lúdica e creativa. Os rapaces do Correo do Vento, ensináronnos cancións, moitas palabras divertidas e sobre todo... ensináronnos a debuxar a Luisa Villalata.
|
XOGOS DE MESA - 2ª sesión #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Shaila e Adrián voltan ofrecer ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos!
|
PEZAS SOLTAS TRANSFORMACIÓN #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas |
Gracias a unha familia agrandamos a cantidade de pezas soltas que tíñamos. Fixemos unha transformación coloreando as pezas e hai un obxectivo. Estas personaxes convertiranse nas protagonistas dunha provocación, que de seguro será de deleite da rapazada. Crear xuntos é un pracer! Este tan só é o comezo!
|
DigiCraf #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas |
Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento, son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado, tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes. Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.
|
REDEIRAS POR UN DÍA #CeforeFerrol #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado da escola converteuse en redeiras e redeiros guiados por Paula do Mimo (Paula González López), co apoio do CFR de Ferrol.
|
PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra. Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.
|
RICARDO FREIRE NA VOZ DE ALICIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental |
Unha nova gravación vén a documentarnos no noso proxecto "Música, Maestro!"
Cedeira é un pobo de artistas musicais, que incluso na emigración chegaron ao máis alto.
Hoxe na voz de Alicia Freire, a súa filla, rendímoslle homenaxe a unha figura musical que
chegou a Uruguay e volveu para agasallarnos co máis bonito que tiña, os acordes da súa guitarra.
|
PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube, e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar! Parabéns á rapazada e ao seu guía!
|
XOGOS DE MESA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión Shaila e Adrián ofreceron ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos! Aquí a primeira sesión.
|
MOCHILAS VIAXEIRAS 5 ANOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os viaxes das mochilas viaxeiras de cinco anos están chegando ao seu fin. Seica gozaron do lindo na casa da rapazada!
|
DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros, dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido. Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo, hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran. Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros.
|
APADER ACTIVIDADES INTERCENTROS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Continuamos con máis actividades intercentros coa asociación Apader. Rapazada disfrutando e aprendendo nun obradoiro artesá!
|
ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras, antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos... Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas, contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor á terra e ás súas xentes! De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada, o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.
|
COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar, toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz, Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño, ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento para cantar todos e todas xuntas. Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos. Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando. Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión. Un proxecto de toda unha vila!
|
PATIO LECTURA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción, esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos, non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen: "Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas... e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!
|
BIOGRAFÍAS LUISA VILLALTA #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Biografías de Luisa Villalta realizadas polo alumnado de 5º. Utilizando diversos tipos de textos.
|
GRUPO CANDIEIRA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental |
Entrevistamos a Tiano Labraña e Charo do Pinzón, dous dos compoñentes do grupo musical "Candieira". Grupo que este ano fai os seus 50 anos! Falaron de música, de reinvindicación, da lingua e dunha época, unha entrevista para escoitar e cantar! Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
|
AS AVOAS NA RADIO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe podemos escoitar ás avoas: , nas Radios da vila (Onda Discalza e Experimental). As radios unidas nun proxecto común para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos! Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
|
O SISTEMA SOLAR - ATREZZO #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º A e B xa está rematando o seu atrezzo. Os veremos na súa estrea o 30 de maio en xornada de mañá e o 31 en xornada de tarde, con entrada reservada. A súa obra: "O Sistema Solar". Non volos perdades!
|
ESTREA O SISTEMA SOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Sistema Solar fermoso traballo do alumnado de 2ºB e 2ºA. Moitos parabéns rapazada! En breves ampliaremos a publicación.
|
CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO - LIBRO HUMANO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este mércores 29 de maio contaremos cunha persoa libro que nos enche de emoción. Tom Leimdorfer contará a súa vivencia durante o Holocausto en inglés e a súa filla Karen irá traducindo ao galego. Mentres narran irán situando ao alumnado no periódo histórico e sitúando xeográficamente. Nesta ocasión asistirá o alumnado de sexto de primaria, pero ao igual que noutras ocasións estará aberto ao público. Unha historia verdadeira da vida dun avó do noso alumnado. Un libro vivo!
|
ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior. Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta, quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...
Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas, nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.
|
CANCIÓNS DE CORRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aprendemos dúas cancións para xogar en corro coa axuda de Mari Luz Lorenzo. Que ben o pasamos e canto rimos! Novos xogos para o patio!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »