Título | Resumo |
---|---|
OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Tres xeneración nun obradoiro de costura! Avoa, nai (Laura) e filla aliadas na empresa de realizar unha pequena formación coa máquina de coser. Gracias por adicar tempo á infancia!
|
BANDA DESEÑADA CON RECOMENDACIÓNS LECTORAS OBRADOIRO #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #UnhaBEenViñetas #mercaencedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Diego Cheda é o autor dunha divertida tira cómica de Nadal, creada especialmente para nós coas personaxes da nosa biblioteca. Esta banda deseñada foi entregada a todo o alumnado da escola para ler, xogar e decorar. Tras dela marchan para a casa as recomendacións lectoras para as familias. Engadimos un pdf coa banda en cor e en branco e negro para imprimir e tamén, as recomendacións. Se clicades na ligazón accederedes tamén ás recomendacións en Genil.ly que aportan máis información s obre os libros recomendados. Gracias Diego por estar sempre! Sumámonos tamén ás compras responsables. Mercade na vila!
|
VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns! O programa, Veladas Poéticas, presentado ao VI Concurso de Podcast de Radio na bilblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares en colaboración coa CRTVG (Radio Galega), resultou gañador na convocatoria.
A proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luisa Villalta, escritora, violinista, filóloga, articulista... En breves poderemos escoitar o podcast na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/ . Así mesmo, recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; e por suposto, no blog da biblioteca escolar e nas súas redes.
|
ANIMACIÓN SCRATCH #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Todos temos un nome. O alumnado o programa en Scratch e crea unha animación con el.
|
8 M - ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Dentro das actividades deseñadas para conmemorar o Día da Muller, o mirar de fronte e reflexionar é máis que necesario.
Propónse unha actividade onde se lle pide á rapazada que divida o folio en dous e copien e lean unhas palabras, que podedes ver nas fotografías. Posteriormente, se lles di que debuxen unha persoa en cada espazo. Temos aquí os resultados. Está claro que hai moito que traballar e conversar, escoitar e reflexionar foi a segunda parte da actividade.
Actividade inspirada pola mestra @la.clase.de.lore
|
BANDA DE GAITAS ROBALEIRA - #Radionabiblio #Dinamización Lingua Galega Candieira #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #OndaDiscalza #RadioExperimental |
Unha entrevista entrañable que aporta documentación sobre a Banda de Gaitas Robaleira. Tivemos connosco a José Antonio García e Antonio Rodríguez, dous antigos directores da Banda. As radios unidas nun proxecto común para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos! Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
|
DÍA DA POESÍA #DíaDaPoesía #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ensaios para escenicar no I Certame da Poesía Escénica que se celebrará, como actividade conxunta, no Ies Punta Candieira.
|
VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro, neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario. Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo, o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores. Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo e cambiante, nesta obra de cinco actos. Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos, cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...
|
8 M - RADIO EXPERIMENTAL #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO TRUE TRUE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante, iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de secuencias de programación cos robots True True.
|
MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!! Agradecer ás familias a súa colaboración!
|
BANDA DE GAITAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #IesPuntaCandieira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do proxecto "Música, Maestro" temos diversas gravacións,
unha delas é a da Banda de Gaitas Robaleira! Aquí temos un pequeno
anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
O alumnado tamén aproveitou a visita para coñecer as instalación dos
Ciclos de Formación Profesional e, por suposto, a cafetería!
Agradecer tanto aos informantes da Banda de Gaitas como ao profesorado do Ies,
polo seu recibimento e compartir actividades de tanta importancia.
|
8 M - MÓNICA E PAMELA LAFUENTE AGRASAR - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Hoxe a Radio Experimental tivo a visita de dúas fenómenas do deporte. Valeria, Jimena, Carla e Zulema foron as reporteiras que documentaron todos os datos aportados por estas deportista. Elas traballan e estudan en Apader. Adican parte do seu tempo a entrenar duro, con esforzo e constancia, que é como se consiguen as cousas. Foi unha experiencia fermosa tanto para os Vagalumes como para Mónica e Pamela, que viviron en primeira persoa o simulacro de incendios que sucedeu mentres mantíñamos unha animada conversa na aula. Gracias por ensinarnos tanto Pamela e Mónica!
|
COSTURA PARA AS PEZAS SOLTAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas |
Dentro da Biblioteca Humana, do programa Lectura e Familias, nesta ocasión visítanos Thais! Faino cun obradoiro de costura para crear unhas camas para as nosas personaxes das pezas soltas. A ilusión e a emoción na confección, do que se pode conseguir con anaquiños de tea foi inmensa, nuns días farán os coxíns!!
|
A BIBLIO É MOITO MÁIS QUE LER! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DÍA DO LIBRO #DíaDoLibro24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #Makedo |
|
COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo recolle reciclados para crear un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante, o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso, da gusto ver os avances!
Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.
|
O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión tivemos a visita de Mari Luz Lorenzo, unha persoa que adora a música, o baile, a tradición. Unha muller inmensamente formada e documentada que veu amosarlle á rapazada cancións de xogo e bailes. Ollaron fotografías e se sorprenderon ao ver a familiares seus de nenos/as nelas, e tamén escoitaron música en radio cassette (moi común para moitos de nós, pero tan descoñecido para eles) esas voces que escoitaron teñen máis de cen anos e son parte da documentación que Mari luz tenta transmitirnos a través da música, do canto e do baile. Unha tradición oral que nestes días temos o pracer de gozar e recoller, para nunca esquecer. Gracias Mari Luz!
|
LECTURAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
|
TRES EN RAIA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Creación de xogos tres en raia dende cero. Pintado de pedriñas a modo de insectos e posteriores partidas. Tempo de aprendizaxe e lecer!
|
PEQUENA MOSTRA FONDOS EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Esta é unha pequena mostra de fondos sobre Educación Afectivo Sexual. Están a disposición de toda a comunidade educativa. Poden levalos á rapazada (os que están adaptados para a súa idade) ou os adultos (calquera día pola tarde, salvo os martes). Hai fondos para as crianzas e para os adultos.
|
OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do espazo dos obradoiros e faladoiros do alumnado, Vega, Jairo e Antía levan a cabo un obradoiro de pizza. Pero todo isto ten un proceso, primeiro cubriron a ficha co que desexaban facer e neste caso os ingredientes, número de persoas ás que ía dirixido, temporalización... Logo veu o cartaz nos ordenadores táctiles da biblioteca e xa posteriormente marcar a data. Chegou o día e este é o resultado. Elas e eles que a probaron seica estaba boísima e hai lista de espera, así que terán que repetir.
|
EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
A MÚSICA DO XOGO E DO MAR #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nunha vila mariñeira como a nosa o simple son do mar é música para os nosos oídos. Aproveitando un recurso mariñeiro, Mari Luz Lorenzo, ensínanos a tocar as cunchas e unha morea de xogos para ter vivos na vida e na memoria. Así, xeración tras xeración manterá asegurada as nosas tradicións. Gracias Mari Luz!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »