Título | Resumo |
---|---|
DÍA DO NATURALISMO GALEGO - ACUARELAS E FAUNA #RafaelLopezLoureiro #Rampla #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Entre outras actividades para conmemorar o 9 de Marzo, Día do Naturalismo Galego, o alumnado gozou dun obradoiro de acuarelas con láminas do caderno de campo da lagoa da Frouxeira. Unha publicación editada polo colectivo Rampla con debuxos e textos do ilustrador Adrián Taracido Fernández, que afonda no coñecemento da fauna da lagoa.
Recordade que este venres 15 podedes acudir á presentación do libro “Martín Sarmiento O primeiro naturalista” de Rafael López Loureiro.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - PRIMEIRO B #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO ACUARELAS - DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
MUSEOS #Patrimonio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mini proxecto dos Museos. O alumnado busca información en grupos de diferentes museos que lles tocou nun maletín, teñen museos de diferente tipo arqueóloxico, obras de arte, do humor, do xoguete,... de direrentes lugares galegos, nacionais e internacionais.
|
REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila. Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo, pero que desvelaremos nunha próxima publicación. Un tempo e un espazo máis que aproveitado!
|
QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica, Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.
|
MAGO CACHO - LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O mago Cacho, papá de René, veu á biblioteca facer un espectáculo para toda a rapazada de tres anos. Maxia, ilusión e inocencia brilaron durante toda a xornada. Gracias a Javier Vázquez por aledar ás nenas e nenos!
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - INFANTIL #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESTREA O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"O Rato Pérez" fermoso traballo do alumnado de 3º C. Moitos parabéns rapazada!
En breves ampliaremos a publicación.
|
FONDOS NOVIDADES - VEN POLA TÚA LECTURA! #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
CHARLAS ANCAS - SEGURIDADE VIARIA #ANCAS #CaminoEscolar #Peaton #Convivencia #EducacionVial Dirección General de Tráfico #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado da escola súmase aos obradoiros de mobilidade segura e sostible que imparte Stop Accidentes Galicia. Para máis información podedes ollar a súa web, xente solidaria, víctimas de tráfico que queren axudarnos a entender que iso é unha responsabilidade colectiva.
|
RECEITA E PIZZAS! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Hoxe recibimos a visita de Olga, Antonio e Jana que axudaron a preparar unhas riquíimas pizzas. O alumnado de segundo ,en tres grupos, foi pasando polas diversas actividades: primeiro visionaron un vídeo de Telmo e Lula na que indican a elaboración, despois escribiron nunha receita os ingredientes e o proceso e xa para finalizar realizaron a pizza. O mellor facelas xuntos e comelas quentiñas na merenda!
|
PLANTAMOS NA HORTA #FamiliasnaBE #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A rapazada de 2B foi á Horta acompañados da familia de Dylan para plantar clabacins, tomates, amorodos e caraixons. Xa comezan a medrar os primeiros amorodos e esperamos recolectalos en poucos días.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS 1º #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
BANDA DE GAITAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #IesPuntaCandieira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
![]() Dentro do proxecto "Música, Maestro" temos diversas gravacións,
unha delas é a da Banda de Gaitas Robaleira! Aquí temos un pequeno
anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
![]() ![]() ![]() O alumnado tamén aproveitou a visita para coñecer as instalación dos
Ciclos de Formación Profesional e, por suposto, a cafetería!
![]() Agradecer tanto aos informantes da Banda de Gaitas como ao profesorado do Ies,
polo seu recibimento e compartir actividades de tanta importancia.
|
AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2023 - 2024 #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecemos que tanto alumnado, familias ou profesorado cumprimente a enquisa para poder mellorar nas labores da biblioteca escolar.
|
FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias". Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar á cativada, para iso era indispensable que familias e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.
Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas, "Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias" esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos...
A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados, sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros, contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable. É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar que quen o sexa teña a nosa plena confianza.
Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que esta actividade chegase a tan bo porto.
En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel. Se queredes ampliar información con videos e webs, podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.
Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.
|
GUÍAS TURÍSTICOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto de primaria converteuse en guía turístico e viaxou a través das páxinas dos libros e da documentación na rede para coñecer as provincias de España e as súa identidade, características... Resumiron e escolleron os datos máis relevantes nun libro de lapelas que expoñeran estes días aos seus compañeir@s.
|
Vivamos como cedeireses! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os nenos e nenas de 1º ciclo saíron á Serra da Capela e a San Andrés de Teixido para visitar o seu patrimonio e pasar un bo rato todos xuntos!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cinco mulleres empoderadas:
|
COSTURA PARA AS PEZAS SOLTAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas |
Dentro da Biblioteca Humana, do programa Lectura e Familias, nesta ocasión visítanos Thais! Faino cun obradoiro de costura para crear unhas camas para as nosas personaxes das pezas soltas. A ilusión e a emoción na confección, do que se pode conseguir con anaquiños de tea foi inmensa, nuns días farán os coxíns!!
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - PRIMARIA #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
XAVIER CARRO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión temos na Radio Experimental a Xavier Carro, antigo director da Banda de gaitas Robaleira e integrante do grupo Debadoira. Documentación recadada para o proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
Gracias Xavier pola túa colaboración.
|
RECREOS NA BIBLIO #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - DON MACARRÓN #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »