Título | Resumo |
---|---|
NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.
|
CONCELLO DE CEDEIRA SAÍDA DIDÁCTICA #AprenderaPensarnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo de primaria remata a unidade sobre o Concello e os servizos públicos cunha visita ao mesmo Concello de Cedeira. Alí tiveron a oportunidade de coñecer a diferentes traballadores, saber das súas profesións, ollar os diversos espazos de reunións, conversar con varios conselleir@s e co alcalde Pablo Moreda. Incluso entraron ver o Pazo de Moscoso reformado, onde se aloxará Policia Local e Servizos Sociais. Por suposto, falaron, contaron e opinaron da vida na escola e na vila! Gracias a todos o que fixeron posible esta visita.
|
RECREOS CO VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os recreos son diversos e a isto contribúe o noso voluntariado escolar. Gracias pola vosa colaboración!
|
SE QUERES FALAR DE LIBROS, APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA! #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN DE USUARIOS ALUMNADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Rematamos nestes días a formación de usuarios para o alumnado de 5 anos a 6º de primaria, reparando en cousas importantes dentro da biblioteca, a CDU e a axuda que nos presta para atopar ou colocar un libro, que tipos
de fondos atopamos en cada sala, que outros recursos alberga a nosa biblioteca Lía, como podemos gozar deses recursos, cales son as normas
que permiten que a convivencia na biblioteca sexa diversa, pacífica, fluida e na que todas e todos nos sintamos cómodos e respectados.
|
CONCERTIÑO INFANTIL - MÚSICA, MAESTRO! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #IesPuntaCandieira #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aída, Zeltia, Paulo e o alumnado de 2º de bacherelato de Artes Escénicas prepararon un fermoso concerto para o alumnado de 3, 4 e 5 anos. A escola encheuse da música, baile, xogo e bo facer desta rapazada. A sesión contaba con música en directo (a Carrasquiña, o Piripipí...) e xogos rítmicos. Esta era unha pequena actividade dunha familia que foi aumentando, medrando e medrando e que se converteu nun fermoso concerto p ensando nos máis pequeno da escola. Agradecer as horas de ensaios e coordinación que esixe unha actividade deste tipo. Parabéns ás tres familias e á rapazada do Ies! Gracias por educar a través da emoción!
|
LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora. Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan, pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación, avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades, sen tan sequera ser conscientes. Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.
|
O APALPADOR #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Para comezar o mes do Nadal recibimos a visita do Apalpador. Baixou a serras do Courel e achegouse ata Cedeira para apalpar algunhas barriguiñas. Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
MARES DE CEDEIRA MUSEO #PDI #MesDaCienciaEnGalego #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Máis de cincuenta pequenas e pequenos inundaron Mares de Cedeira Museo, o venres 17, con ollos curiosos e cheos de preguntas.
Alí puideron gozar de dúas visitas:
1º-. Unha exposición artística a cargo de Francisco Pérez Alonso, pintor zamorano. Na que a rapazada tivo o pracer de escoitar ao autor explicando as súas obras de artes: - diversos instrumentos musicais tocados e acompañados cos seus cantos. - pinturas cinéticas de edificios emblemáticos de Ferrol, nos que a obras adquiren movemento e que cada unha ten unhas centro cincuenta horas de traballo. - e figuras con moito contido talladas en madeira.
2º-. E por suposto, o noso museo do mar, cheo de barcos onde explorar o oficio do carpinteiro de ribeira, ver o paso do tempo a través das fábricas conserveiras, ollar anzós e artes de pesca, unha inmensa exposición de cunchas, crustáceos e rematar cunha historia de viaxes en botella.
Recomendamos a visita e se ides, escoitade a historia!
|
CONTACONTOS CON MÓNICA BELLAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal | |
TRUE TRUE ROBÓTICA #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante, iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de secuencias de programación.
Nesta ocasión sobre a Prehistoria.
|
LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
As veces só necesitamos tempo, darlles tempo. Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto "Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos, por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural, cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite. A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo, é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos. Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.
Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade. Parabéns rapazada! Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo. Por suposto, para xogar!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Desta volta os protagonista das cancións infantís son Iñaki, Carme e Simón. Esta é unha actividade enmarcada no proxecto documental "Música, maestro!".
|
LEGO WEDO PROGRAMANDO #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En grupos cooperativos o alumnado segue as instruccións, monta e programa con Lego Wedo.
|
REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O trasno da capital de Santiago, de Luisa Villar Liébana, un dos exemplares que están a ler no club de lectura "Chocolate con libros".
|
ASEMBLEAS DA INFANCIA - DÍA DA EDUCACIÓN #DiadaEducacion #UNESCO #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coincidindo co Día da Educación, celebrouse na biblioteca unha nova xuntanza de delegadas e delegados. Estaba na orde do día traer consensuado das aulas unha prioridade das que foran escollidas na reunión anterior. Ao final, quedaron empatadas tanto a limpeza da praia como a recollida de alimentos. Pola importancia de ámbalas dúas, a asamblea decide levalas adiante ao mesmo tempo. Acordan unha nova reunión, para poñerse en contacto co Concello de Cedeira e comunicar a intención desta recollida de comida e o plan que expresaron (manter unha reunión para ver se é posible ou se ofrece/ocorre algunha outra forma ou medida) e redactar unha carta para comunicar cadros de limpeza da praia ás aulas. Agradecer o excelente comportamento de tódalas persoas presentes, saber estar, boa comunicación e recollida de acordos e posibles solucións.
|
LECTURA E FAMILIAS CONTACONTOS CHIBOS CHIBÓNS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Familias e alumnado compartindo música e contos, tempos tenros para a infancia. Aida Lozano e Agustín Berenguer López, agasallan ao alumnado con "Chibos Chibóns" , conto adaptado por Olalla González, ilustrado por Federico Fernández e editado por Kalandraka.
Agradecer á familia, a implicación e elaboración de materiais para realizar o contacontos. A Lúa Berenguer Lozano a incorporación de sons. Foi moi lindo ver o que gozaron e o interese que suscitou o movemento dos monicreques.
|
MOCHILAS VIAXEIRAS #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As mochilas viaxeiras seguen a súa ruta pola casas do alumnado. Aquí unha mostra da mochila de 5 anos.
|
BIBLIOTECA HUMANA - MEY LIN APAC RIVERA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 28 de maio celebramos unha xornada da Biblioteca Humana con Mey Lin Apac Rivera, co seu libro "Caminos para reconocer tu título universitario". Atracou na nosa biblioteca da man da súa autora.
Historia que perdurará en audio, no noso catálogo Meiga, para escoitar sempre que se desexe. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo. Hoxe podemos compartir o seu libro con todos vos! Agasallando verbas!
|
FELICITACIÓNS NADAL CON LEDS #bibliotecacreativa #Nadal #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As novas tecnoloxías, os recursos de Polos Creativos e das Bibliotecas Escolares, únense para que as mans da nosa rapazada cree cousas tan fermosas como os Rudolfs en felicitacións de Nadal e adobíos nadaleños. Moi Bo Nadal!
CLICA AQUÍ E RECIBE UNHA GRAN SORPRESA!!
|
ÁRBORE DE NADAL CON REFUGALLOS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A creatividade non ten límites! Uns paos, anaquiños de teas, arames sobrantes e moreas de imaxinacións. Adobíos para as celebracións! Bo Nadal!
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións. Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.
O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.
Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas polo tema aínda que non asistirían á mesma.
Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación. Así mesmo, continuaremos difundindo recursos para informar e documentar ás familias.
|
PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade, pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas, así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos. Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten, algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores, arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios... Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten. Por unha rapazada concienciada!
|
INTERCAMBIO DE EPÍSTOLAS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A escritura e a lectura son dous dos pilares máis importantes da biblioteca escolar. Conxugamos a aprendizaxe destas habilidades coa motivación do alumnado e creamos actividades que impliquen reforzar actitudes que desexamos que se reproduzan constantemente. As epístolas contribuén a todo isto, por iso é unha tarefa que replicamos unha e outra vez. A quen non lle gusta recibir unha carta? Estas son as da nosa rapazada! Engadir que o alumnado sempre ten acceso a apoios á escritura, paos correctores, infografías ortográficas... para brindar seguridade, crear un hábito de corrección e mellorar a escrita.
|
OBRADOIRO DE MANTECADOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
No proxecto sobre a vila de Cedeira tamén se cociña. Saray e Jessy axudáronnos a facer uns mantecados típicos da nosa vila. Foi unha mañá na que mesturamos, pesamos, esprememos, remexemos, batuxamos, divertímonos e cociñamos algo moi doce, os mellores lazos de amizade. Tamén fixemos un marcapáxinas coa receita e o puxemos ben bonito para levar e merendar. Gracias ás familias por formar parte da vida na escola!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »