Skip to main content

Marzo 2023

A MIGRACIÓN DAS AVES - OBRADOIRO TEATRO #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A colaboración do banco de familias oferta diversas actividades.

Nesta ocasión Simone Jenkinson ofrecerá un obradoiro de teatro sobre

"A migración das aves" para o alumnado de 5 anos.

Serán dúas sesión, a primeira ás 9:30h e a segunda ás 11:30h.

Esta actividade está enmarcada no programa "Lectura e familias",

a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.

 

 

 

 

 

CURTOMETRAXE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

A visita de Alicia Freire Vera á súa antiga escola trouxo consigo un ofrecemento.

O alumnado voluntario de biblioteca terá a oportunidade de

participar nun casting para realizar unha curta con Alicia.

Versará sobre a historia do noso cole e ata alí podemos contar.

Os e as protagonistas serán esas persoas magníficas que nos agasallan coa súa

labor no seu tempo de ocio. Hoxe tivemos unha reunión para informalos de todo.

Para participar necesitarán a autorización familiar.

De seguro será unha experiencia inolvidable!

Este luns comezamos co casting no horario de recreo.

Ollade o cadro calendario na cortiza informativa da biblioteca!

 

 

 

 

 

VISITA ALICIA FREIRE VERA #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de primeiro recibíu a visita de Alicia Freire Vera, escritora,

guionista, realizadora audiovisual... Despois de traballar sobre a súa

biografía fixéronlle unha pequena entrevista para recabar máis información.

Alicia foi quen de amosarlles que que as historias están na súa man, para iso

tornan os papeis, sendo ela quen pregunta e poñendo os contos nos beizos da rapazada.

 

 

 

 

 

AULAS ABERTAS #arte #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As xornadas dos venres, o alumnado de 4 anos leva a cabo unha

actividade extraordinaria. As portas das dúas clases ábrense de

par en par para converterse nun só grupo, cun ambiente preparado

con diversas actividades que convidan a xogar, aprender, descobrer, experimentar...

O alumnado vai pasando e escollendo onde quere estar, se atopa sitio libre pode

quedar e pasar alí o tempo que desexe, tamén pode facelo se rapidamente

decide marchar. Son as nenas e nenos onde deciden estar.

Tomar decisións é algo moi importante xa dende as primeiras idades.

A biblioteca actúa como banco de recursos.

Pero para ver a dimensión da actividade nada mellor que unha imaxe.

 

 

 

 

 

DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Durante esta semana as e os pequenos naturalistas conmemoraron o Día do Naturalismo

e realizaron un un mini libro sobre a flora e a fauna da nosa contorna.

 

Agradecer a Rafael López Loureiro impulsor da iniciativa,

ao que hoxe queremos darlle voz a través deste blog,

na súa denuncia conxunta con outras asociacións sobre a planificación

de parques eólicos mariños no sector noroccidental de Iberia e o que isto

afectará as diferentes especies de aves mariñas que utilizan esta zona,

así como das aves terrestres que o atravesan nas súas migracións.

Para máis información podedes consultar algúns dos blogs:

- Ao noroeste do Noroeste

- Grupo Naturalista Hábitat

- Sociedade Galega de Historia Natural

Agradecer á infancia a recollida da semente, estamos certos que ha agromar!

 Engádese o mini libro en pdf para gozar quen o desexe do seu uso.

 

 

 

ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS - RADIO EXPERIMENTAL - RADIO VOZ #Radionabiblio #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A nosa biblioteca foi seleccionada para recibir a visita de Radio Voz.

O alumnado de sexto recibe unha pequena charla formativa e posteriormente,

gravamos un programa de Étimos de aves e paxaros.

Programa enmarcado no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" e emitido o

9 de marzo, Día do Naturalismo Galego, Día de Martín Sarmiento!

Quixemos alzar a nosa voz para facer valer a nosa lingua, a que falamos

a diario, a das nosas avoas e avós e por suposto aprender moito das aves

e paxariños, moitos deles que viven moitas aventuras nas súas migracións.

Agora ides escoitar o producto final, pero este tipo de actividades conlevan

un traballo laborioso.

 

Primeiro deseñouse en enviouse ás familias e coñecidos

unha pequena folla de recollida de información, dos étimos de nove aves e

da cultura popular referida a elas. O alumnado de sexto de primaria recolleu

as entrevistas e fixo un cadro centralizando as aportacións que se fixeron de

cada paxariño.

Posteriormente, buscaron información sobre a apariencia, canto, costumes de

cada un deles e a rexistraron. Con todos eses datos elabórase unha escaleta ao

que se adobía con poesías, recitados, ditos, refráns sobre estas aves e tendo moi

presente que estamos próximos á data de Rosalía de Castro e queremos adicarlle

a súa Alborada. Todos os niveis do centro saen representados neste adobío, que xunto

coas gravacións sobre étimos e características destes paxariños fan o programa

de radio que agora ides escoitar.  Será emitido por Radio Voz Ferrol, na frecuencia 105.4


 

Orgullo de cativada! Feliz Día do Naturalismo Galego! Parabéns Martín Sarmiento!


 

 Engadimos a escaleta e a bibliografía, por se é de interese.


PROXECTO "APRENDENDO, NATURALMENTE!" - DOCUMENTACIÓN #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado inmerso no proxecto acude á Biblioteca para buscar

información en libros e en diversos blog que ofrecen información fiable.

Podemos recomendar:

Ao noroeste do Noroeste de Rafael López Loureiro

Bichos e demais familia

Grupo Naturalista Hábitat

O arquivo científico Macaulaylibrary e SEO Birdlife.

E por suposto, unha manche de fondos que temos na biblioteca!

 

 

 

 

RECICLAXE ACEITE USADO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Concello de Cedeira acaba de impartir unha xornada de

sensibilización cara a reciclaxe do aceite

usado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Aprenderon como evitar que chegue o aceite ata o río e

o dano que fai o aceite ás diversas especies que viven no mar.

Proporcionáronlles tamén, un coador para facer o trasvase na casa

e un folleto de diversos entornos ao redor do Río Condomiñas.

Agora, só temos que comezar a reciclar!

 

 

 

RECOLLIDA RECICLADOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

 

 

 

8 MARZO DÍA DA MULLER E DA NENA - EXPOSICIÓN #8M #8marzo #8marzodamuller #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podedes pasar pola biblioteca e coller fondos para a documentación da muller

ou nena escollida (para o libro proposto polo equipo

de dinamización lingûística e extraescolares) sobre as mulleres.

Tedes libros na exposición e na CDU.

Podes atopar máis información en Nacións Unidas e Unesco.

Na escola e no Concello levaránse a cabo diversos eventos, actividades...

para incidir na igualdade, algo que hai que ter presente tódolos días.