Skip to Content

Unha redacción especial

 

Bo día a tod@s!

 

Xa nos queda apenas unha semana de "cole" e gustaríame comentarvos 4 cousiñas para estes últimos días:

1 -  A redacción que escribades esta última semana gustaríame que fose un pouco máis

especial que o resto dos escritos que me enviastes, pois encantaríame que reflexionedes e

fagades memoria sobre estes 2 cursos nos que estivemos  xunt@s.

 

Para redactar o voso escrito tede en conta preguntas coma, por exemplo :

 

* Cales foron as actividades que máis che gustaron facer e porqué? Cales foron as que menos che gustaron?

 

* Cal foi a saída escolar que máis che gustou destes cursos? Gustaríache facer máis excursións e viaxes?  A donde?

 

* Como te sentiches en xeral co ambiente da clase? E cos compis? Era agradable para ti ou te sentías incómod@ na clase? Explica porqué.

 

* Gustaríache que se volveran a mezclar as clases de 4º?  Por que?

 

* Que cousas importantes cres que aprendiches nestes 2 cursos xuntos?

 

* Que pensades que botaredes de menos para o próximo curso? Que vos gustaría aprender en 5º?

 

* Etc, etc, etc. (Podedes contar máis cousas das que eu vos pregunto)

 

 

NON QUERO que contestedes ás preguntas, senón que fagades unha redacción tendoas en conta.

 

Sería moi, pero que moi interesante, que fose un ESCRITO LONGO e pensado con calma,

pois foron case 2 anos xunt@s e hai moito do que lembrarnos....e por suposto, que 

rematatedes a vosa derradeira redacción do curso cun precioso debuxo final

relacionado coa nosa clase!!

 

 

2 - Para recoller o material das aulas do alumnado de 4ºA será o día 23 de xuño pola mañá.

Xa acordaremos un horario específico estes días (será aproximadamente dende as nove e

media ata as 12.00h), para que sexa fluída a entrega do material.

Se algunha familia non puidera ese día, intentariamos excepcionalmente buscar outra data e hora.

 

3 -  A videochamada colectiva desta semana será mañá venres ás 12.00h. Espero

vervos a tod@s nesta penúltima videochamada de grupo!!

 

 

4 - Aínda que vos vou enviando ao wassap os enlaces diario para o xogo de Marcelino na nosa

canle de You Tube, déixovos aquí todos os enlaces xuntos da semana :

 

LUNS 8  https://www.youtube.com/watch?v=xgUMtA4b2lI   Parte 1    Maxia I                 

                                   https://www.youtube.com/watch?v=-ZKlToc4oaQ   Parte 2    

 

 

MARTES 9   https://www.youtube.com/watch?v=ZST6yBzydqM   Os raposos

 

 

 

MÉRCORES 10 https://www.youtube.com/watch?v=8qWFLVqt0e0   Viaxamos a Francia

 

 

XOVES 11      https://www.youtube.com/watch?v=QGOq7qRJABw   Abellas do mel

 

 

VENRES 12    https://www.youtube.com/watch?v=0g4xPtxQ2M8      Maxia II .

Dispoñible a partires das 9.00h. da mañá.

 

 

SÁBADO 13    https://www.youtube.com/watch?v=g193aq1bTCg     Xoaniñas.

Dispoñible a partires das 9.00 h.

 

 

Moitas gracias pola vosa atención e lectura!

 

 

Disfrutade con todo o que fagades e vivide cada momento como algo especial!

 

 

Saúdos, apertas e bicos virtuais para tod@s!!

 

 



blog | by Dr. Radut