Skip to Content

blogue deJuan

Investigacións

Ola familias:

Aquí déixovos 3 enlaces coas mellores informacións actuais respeto ao tema da Covid-19, da man dalgunhas das mellores investigadoras do panorama científico-sanitario actual.

O seu estreno mundial está programado para as 23.00 h da noite deste luns 27 de abril.

 

https://youtu.be/7-dmfRrUjj8

https://youtu.be/kKjYeg1Q3Rs

https://youtu.be/VadncU5RtXo

 

Desexamos sexan do voso interese!!

 

Apertas!!!

Outro día especial

Ola nenas e nenos e familias!!

Espero que onte fose un día moi especial e que o disfrutárades moito! Hoxe seguro que tamén!!

Estou desexando ler as redacións  coas vosas sensacións de cando onte vos preparávades para saír, se durmíchedes ben do sábado ao domingo, se estábades nervios@s, intranquil@s, etc..Tamén estaría xenial que fixérades debuxos deses momentos ou de días posteriores e que tamén os gardedes e lles saquedes fotos.

Quen se anime aínda máis, pode facer un audio ou un video compartindo a súa experiencia dos momentos que está na rúa, se vos atopades con alguén coñecido ou cómo vos sentides ao volver a casa... Todo o que poidades contar e expresar por calquera canle está xenial, pois axúdanos moitas veces para sentirnos un pouco mellor e incluso desafogarnos.

Queiro deixarvos tamén un pouquiño máis de material, neste caso de L.G., xa que unha familia pediume algo máis de material, déixovos 5 lecturas coas súas correspondentes actividades de comprensión lectora para que as organicedes se fosen do voso interés (son de animais con sopas de letras, buscar diferenzas, preguntas sobre o texto, etc.)

Se algunha familia ten problemas coa impresora, pode copiar as preguntas e facelo nunha libreta ou folio.

Outra opción pode ser que vos poñades en contacto conmigo e que intente, por medio do equipo directivo e dunha mensaxería, enviarvos a casa este material fotocopiado. En caso de que algunha familia necesitedes este servizo, o plazo de envío do material de fotocopias sería cada 15 días.

En breves irei colgando no blogue os vosos magníficos e xeniais traballos audiovisuais.

Desexamos coma sempre que esteades moi ben; con moitos ánimos, forza e paciencia para tod@s!!

Apertas e bicos mil!!

 

1 relato e 1 reto

Ola nenos e nenas :

Quixera propoñervos para esta fin de semana tan especial dúas cousiñas :

1º- Tal e como faciamos os luns de xeito oral ou escrito, gustaríame que escribírades nun folio ou nunha libreta, como foi a vosa fin de semana (teredes que facelo ou o domingo pola tarde-noite ou o luns), que fixéchedes, que actividad realizáchedes diferente este domingo en comparación ao resto de días, cómo vos sentiades, notábades algunha emoción/sensación estrana no voso corpo,...

Lembrade que non me valen nin 5 nin 10 liñas. Debe ser máis extenso, explicando con calma todo o que queirades, respecto sobretodo ao que fixechedes o Domingo 26 de abril.

Estaría xenial que puidérades facerlle unha foto ao voso escrito e enviarma ao correo ou wassap, pero si non, gardadea co resto de material e actividades que fórades facendo estes días.

 

2º- Déixovos un reto tamén para esta finde relacionada con cordas....

A ver quen é capaz de facelo!!

Aquí tedes o enlace do reto :

https://www.youtube.com/watch?v=pTWa_L-jUBg

 

Coma sempre, moitos ánimos, apertas e bicos... e disfrutade da fin de semana!!

Sabrosas cociñas!

Olas nenas, nenos e familias :

Déixovos os enlaces de 3 d@s mellores chefs de cociña do mundo, no que nos explican as súas receitas máis recoñecidas e sabrosas. Non volas perdades e tomade nota!!

https://www.youtube.com/watch?v=6FXTjzlmYCU&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=O__lYs2ofGs&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=CqnLxyabdzA&feature=youtu.be

 

 Se coñecedes máis videos de outr@s cociñeir@s, enviádemas ao correo (juanmpineiro@edu.xunta.es) ou a min persoalmente no grupo de wassap.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Biblioteca no día do libro

Moi boas a tod@s!!

Aproveitando que hoxe é o Día do Libro, déixovos o enlace da Biblioteca do cole, xa que prepararon un montón de interesantes actividades durante estes días, que podedes ver no seguinte enlace do cole :

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnazaret/taxonomy/term/136

 

Tamén poden ser do voso interese estes dous enlaces da Cidade da Cultura de Galicia, nos que deberedes resolver uns enigmas que tratan sobre a natureza e a historia :

https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_exeria_viaxaconelas.pdf

https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_bosque_1.pdf

 

Comentarvos xa para rematar que en breves empezarei a colgar os videos que me enviades, pero como moitos ocupan moito máis espazo do que o blogue pode soportar, será máis fácil e cómodo que os poña no meu canal de You Tube e dende alí mande o enlace ao blogue.

Se alguén ten outras opcións que poidan ser máis interesantes e sinxelas, que mas comente polo wassap ou no correo.

Graciñas a tod@s coma sempre, polo esforzo tan titánico que estades facendo nas vosas casas!!

Apertas e bicos mil!!

Lembranza musical

Ola a tod@s!!

Déixovos por aquí o enlace para ver en You Tube a canción que os enviei onte polo wassap, por si en algún momento apetécevos repasala:

   https://www.youtube.com/watch?v=8KR9QwNSksA&feature=youtu.be

 

Ademais gustaríame animárvos a que nos enviedes fotos, videos, audios,... do que queirades (traballos que fixéchedes de investigación, algún xogo de maxia, unha canción, un reto, unha adiviña, un trabalinguas, unha receita de cociña, un experimento, contando un conto, etc.) para que os publiquemos no blogue de 4º. 

Entendo a vergoña que a moitos nos produce dalgún xeito poñernos diante dunha cámara e sei que algúns e algunhas non poderedes envialo agora ou vos costará moitísimo facelo.

Non pasa nada, non vos agobiades nin vos sintades mal por non poder enviar nada neste momento. Non vaiamos a tensar máis o noso corpo do que xa está. Pero pensade que moitas veces non é tan importante o que fagades, senón as gañas que teñen @s vos@s compañeiros e compañeiras de veros, aínda que sexa por medio dunha foto ou vídeo.

Así que anímovos de novo para que lle enviedes a Ana e a min todo o material que vos gustaría que publicaramos!

Ánimo que xa queda menos!!!

Fortes aperta para tod@S!!!

Meditamos

Ola familias!

Debido á situación tan excepcional na que tod@s estamos inmers@s nestes difíciles momentos, é normal que poidan producirse situacións de "tensións emocionais" co resto dos integrantes da familia, pois estase a convivir  durante 24h nun mesmo lugar, xeralmente con dimensións reducidas de espazo.

A non percepción das nosas emocións pode desencadearse en continúas rabias, enfados, faltas de conducta, etc, por parte de tod@s nós, provocadas en moitas casos pola ansiedade e o estrés que vivimos neste momento.

 

Para a mellora destas  situacións temos ferramentas (que a nivel científico leva anos demostrándose como esencial no desenvolvemento integral das persoas), como é a importancia da práctica do Mindfulness na educación (e en xeral en calquera campo da vida) para a mellora e o enriquecemento integral , a todos os niveis, do alumnado.

Deixóvos a continuación, algúns enlaces de exemplos sobre os beneficios do Mindfulness (ou atención plena) :

https://www.educaweb.com/noticia/2018/11/06/beneficios-mindfulness-aula-18600/

https://www.campuseducacion.com/blog/revista-digital-docente/mindfulness-aplicado-la-educacion/

https://www.psicologia-online.com/mindfulness-y-sus-beneficios-en-el-ambito-educativo-2689.html

https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/beneficios-del-mindfulness/

https://escuelaconcerebro.wordpress.com/2015/06/04/mindfulness-en-el-aula/

 

É por isto que me gustaría recomendarvos ferventemente os seguintes dous enlaces, porque creo que explican dun xeito ameno e claro as claves para a boa práctica da meditación/Mindfulness:

https://www.youtube.com/watch?v=nWhM9PHlkJA

https://www.youtube.com/watch?v=kwTKk6u30x4  

Quixera tamén comentar que o máis importante non é soamente visualizar estes videos, senón a práctica diaria (aínda que sexa soamente 1 minuto ao principio).

 

Aquí déixovos algún enlace de música de fondo por si queredes utilizalas nas vosas prácticas :

https://www.youtube.com/watch?v=J65GxJ2v9Wg&t=6s

https://www.youtube.com/watch?v=hrUuK6y4yng

 

As vosas fillas e fillos durante estes case 2 cursos que levamos xunt@s traballaron con certa periodicidade, diferentes prácticas e actividades relacionadas coa respiración, relaxación, meditación (mindfulness) ou ioga, tanto na propia aula coma na aula de psicomotricidade do colexio, polo que sería interesante tamén que deste xeito non perderan este tipo de  práctica ou que reforcen ás que algunhas familias xa estades practicando.

Aínda así debemos ter en conta que non debemos forzar a ninguén a esta práctica do Mindfulness, senón que estará propiciada sempre polas gañas e intereses individuais por facelo (os adultos podemos motivalos co exemplo da nosa práctica diaria... ;).

 

Este videoconto sobre a respiración e unha pequena curtametraxe de debuxos, poden resultar tamén do voso interés :

https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA

https://www.youtube.com/watch?v=cjOwNX8JgmE     (inglés, con subtitulos en español)

 

Seguimos coma sempre en contacto, no correo electrónico (juanmpineiro@edu.xunta.es) ou agora tamén no wassap da clase, para aclarar calquera dúbida ou compartir as vosas experiencias.

 

Moitas grazas a TOD@S pola vosa colaboración e esforzo!!!

Variado con títeres!

Ola familias!

Quixeramos antes de nada felicitarvos unha vez máis a cada un de vós (nen@s, nais, pais, avoas, tíos, ....) polo incalculable esforzo que estades facendo cada día nas vosas casas...Moitos ánimos, forza e paciencia a tod@s !!

Que tal van as propostas de traballo que vos ofrecemos? (Proxectos de investigación, fichas, visualización das curtametraxes, experimentos, obras plásticas (Victor Nunes), maxia, recetas de cociña, plantación de sementes, ...)

Lembrade sacar fotos, gravar videos, facer lapbooks, presentar en powerpoint ou o que vós consideredes para poder visualizar todo o traballo que estades facendo.

 

A maiores, para estes días propoñémosvos estas cousiñas :

- http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/   Un parchis moi especial para poder practicar as regras ortográficas dun xeito divertido coa túa familia.

- https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/el-extrano-ornitorrinco   Unha lectura comprensiva sobre o ornitorrinco, cun xogo para comprobar a vosa atención (aparece con bastante publicidade na páxina web).

 

- A última actividade proposta sería crear un pequeno teatro de sombras para poder inventar imaxinativas historias e os seus personaxes :

https://alasombrita.com/2017/03/07/el-teatro-de-sombras-como-herramienta-educativa-en-la-escuela/

https://www.pequeocio.com/manualidades-ninos-teatro-sombras/

https://www.youtube.com/watch?v=_BCJ4fOVgLQ

 

Tamén podedes probar a contar as vosas historias facendo títeres con calcetíns se vos resulta máis cómodo ou ambas as dúas opcións.

Deixámosvos algúns exemplos para facelos :

https://www.youtube.com/watch?v=i5Q-JDjUItc

https://www.youtube.com/watch?v=1ko2e0eFlJA

https://www.youtube.com/watch?v=30R2DnzumqM

 

Intentade se non tedes todos os materiais, reciclar ou utilizar outros compoñentes parecidos que teñades por casa.

Despois, sería moi interesante que con eses personaxes, creárades unha pequena historia (improvisada ou non) e a gravarades con fotos ou videos.

Seguro que ides facer cousas superchulas!!

 

Seguimos en contacto familias!

Moitas apertas e bicos!!

Seguimos con forza!

Benquerido alumnado e familias:

Gustaríanos propoñervos unha serie de actividades para estes próximos días, que coma xa sabedes son voluntarias e orientativas, e que podedes organizar segundo mellor vos conveña.

É interesante lembrar a importancia de levar un horario diario máis ou menos estable, co tempo que vós estipuledes, e no que combinedes tarefas de distinta índole (lectura, manualidades, fichas, actividades de movemento, investigacións, música, xogos, etc.), sempre atendendo ao que consideredes máis oportuno e adecuado para cada momento.

Calquera situación cotiá  é unha plataforma perfecta de aprendizaxe, polo que non desaproveitemos situacións familiares diarias para aprender, por exemplo, unha nova receita de cociña ou unha nova tarefa doméstica…

Repasade durante estes días as actividades, traballos e proxectos que vos fomos propoñendo, profundizando naqueles que máis vos gustaron ou atrevéndevos con aqueles cos que aínda non o intentáchedes ( proxectos de investigación, caligrafía, experimentos, curtametraxes animadas, maxia, matemáticas, …)

As nosas  5 propostas  para que podades engadir ás vosas rutinas estes días, veñen referidos  no blogue de 4º do luns 16 de marzo (“70 ideas fáciles para jugar con niños en casa”): (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnazaret/system/files/70%20ideas%20alumnado%20casa_1.pdf)

Número 1 – (ver nº1) Facer un biscoito ou calquera outra receita, na que escribades/gravedes un escrito/video, onde aparezan os ingredientes e o proceso para realizalo paso por paso.

Número 2 – (ver nº4) Xogar ao voleibol cun globo.

Número 3 – (ver nº13) Debuxar retratos.

Número 4(ver nº 17) Inventarse unha canción.

Número 5 - (ver nº 33) Plantar unha semente (lentella, garavanzo, faba,…) e investigar o seu proceso de crecemento :

https://www.youtube.com/watch?v=EV6oQCPfnhw

https://www.youtube.com/watch?v=nS1QBVF39-Q

https://www.youtube.com/watch?v=eBs7lcgmo0E

Estaría xenial que fixerades algún documento (gráfico, audio, video,…) de cada actividade.

 

Ademais, se queredes practicar un pouco de galego en : http://www.crtvg.es/infantil/programas

podedes ver distintas series de debuxos en galego : “Erase unha vez o home” ou “Os contos do camiño” poden ser algunhas das nosas propostas …Cal é a vosa preferida?

 

Intentade disfrutar ao máximo con todo o que fagades!

Moito ánimo e paciencia, estamos en contacto!

 Para calquera aclaración ou dúbida  : juanmpineiro@edu.xunta.es

Decenas e centenas de saúdos, apertas e bicos!!

 

Un pouco de maxia!

 Ola nenas, nenos e familias!!

Que tal van esas actividades que vos propuxemos estes días? (Proxectos de investigación, experimentos, curtametraxes, fichas, manualidades, etc.)

Lembrade que é importante que en cada casa organicedes da mellor maneira que consideredes o voso horario de traballo e as actividades que vos apetezan facer.

 

Para estes días propoñémosvos  tamén un pouquiño de maxia para disfrutar, practicar e aprender en familia.

Por un lado, investigaredes sobre a vida de René Lavand, buscando en internet cando naceu, de donde era, que características tiña que o facía diferente ao resto de ilusionistas, algún dato curioso, etc. (Non olvidedes poñer a bibliografía  ou webgrafía de onde buscades a información). Podedes escribir a información que elaboredes nun folio, libreta, lapbook, ...

Deixámosvos nestes links algunhas das súas actuacións para que coñezades as súas historias:

https://www.youtube.com/watch?v=c2uIg-Xjc64   ("Victorio de Pardú")

https://www.youtube.com/watch?v=qKssbvggDAQ    ("La belleza de lo simple")

https://www.youtube.com/watch?v=YLBx8ARXMAM       ("No se puede hacer más lento")

https://www.youtube.com/watch?v=728q0SZ_aaQ         ("No se puede hacer más lento" II)

                                    

Ademais propoñémosvos que visualicedes e practiquedes vós unha serie de xogos máxicos que seguro que cun pouco de práctica, conseguiredes asombrar aos vosos amigos e amigas dentro duns días de práctica. Escollede os que queirades!!

https://www.youtube.com/watch?v=a2uDdt7UR_E

https://www.youtube.com/watch?v=iSGDvVkoDcg

https://www.youtube.com/watch?v=b04tD3NKlu4

 

https://m.facebook.com/piedrahitaluis/videos/216712619410127/?refsrc=https%3A%2F%2Fm.facebook.com%2F354449604688234%2Fposts%2F2147590975374079%2F&_rdr

(Luis Piedrahita no facebook tamén nos axuda a aprender maxia)

 

https://www.youtube.com/watch?v=L3IfZHpxqb8        (El é un dos meus profes de maxia ;)

https://www.youtube.com/watch?v=jV5_jfpX5F8         

      

Xa veredes como, practicando todos os días un pouquiño, conseguiredes asombrarvos ata a vós mesm@s!

 

Coma sempre, esperamos que  esteades levando esta situación o mellor posible, non é facil para ninguén, pero seguro que co esforzo de tod@s e un pouquiño de maxia, conseguirémolo máis axiña e mellor :)    ...... Ánimooo e a  ilusionarnos coa maxia!!

Distribuir contido



by Dr. Radut