Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)

As emocións

As emocións están presentes  a diario, por esta razón parecéunos importante participar no proxecto "O reino das emocións" da Fundación Meniños. Expresándoas, explicando os motivos das nosas actitudes... E tamén a través da actividade do "Paseo da fama" expresar as nosas preferencias, o que nos gusta e compartilo cos demais.

 

Sementamos e plantamos

Hai unhas semanas sementamos pementos e flores. Esperamos a que naceran e medraran nos morteiros, e esta semana plantámolas plantas na horta coa axuda do profe Diego, foi unha experiencia moi agradable 

  

O Camiño de Santiago

A biblioteca do centro é un recurso moi importante para nós. Nesta ocasión participamos nunha actividade organizada dende a biblioteca. Lemos o conto "Bo camiño Valentiño" e fixemos un debuxo que formou parte da exposición de traballos de todas as aulas do colexio

Psicomotricidade

Co bo tempo animámonos a facer as  sesións de psicomotricidade no patio exterior. Estase de maravilla!!!

A primavera

Estamos na estación do ano que mais nos gusta, a primavera.  Ahora hai moitos cambios no clima, no xardín, na roupa que nos poñemos... Fixemos uns debuxos que nos quedaron moi bonitos e tamen xogamos co  vocabulario, o conteo e a localizar elementos na lámina da " Mestra de infantil"

 

 

      

 

 

Temos novas!

Como xa vos contamos gústanos moito ir á horta e dar un paseo polo patio para ver como medran as nosas patacas, os chícharos da clase de 4 anos, os pementos da de 5 anos e tamén as flores do patio.

Fomos botarlle unha ollada ás patacas e mirade que grandes están!

 

De camiño para a horta vamos cantando a canción "A horta de Balbina", aquí a deixamos para que a aprendades tamén na casa.

Fai un tempo a profe contounos o conto de "La oruga glotona" e días despois... mirade o que nos trouxeron para a clase!!

 

Siiiii, temos vermes de seda na clase!! Tódolos días no patio a profe colle unhas folliñas de moreira para que coman (nós non podemos collelas porque están moi altas). Temos que limpiarlles a caixiña e tirar as follas vellas, e logo miramos como medran.

Sabemos que primeiro son ovos, saen do ovo e convértense en vermes, logo van meterse dentro da súa casiña que se chama crisálida e....SORPRESA! Cando medran moito convértense en bolboretas, igualiño que pasa no conto.

 

 

Estes días estamos traballando moito pintando unhas boliñas de madeira, pero non podemos contarvos para qué son. Nos vindeiros días xa o teredes na casa!

 

E xa para rematar, hoxe é o días das mates no cole e nós cantamos un conto que coñecemos fai un tempiño. O conto é "Polo camiño", deixámosvos aquí un vídeo no que o cantan moi parecido a como o facemos na clase. Gústanos moito moito!

Abur!

Mans á masa!

Comezamos con "Pequechef", o proxecto que nos vai facer chupar os dedos!

Fomos á horta!

Hoxe pola mañá veu o profe Diego a buscarnos para levarnos á horta.

Collemos as patacas que tiñamos na clase e outras para plantar, uns sachos, pas, unha regadeira e aló nos fomos!

Cando sacamos do tiesto as patacas que tiñamos na clase vimos que nas súas raíces xa había algunha pataquiña nacendo. Que contentos nos puxemos!!

Logo collemos o sacho e fixemos un rego para plantalas, puxémolas nel e botámoslle terra enriba. Para rematar regámolas para que medren moito.

 

 

Agora temos que ir coidalas e ver como medran, polo que para a semana volveremos!

 

Outra cousiña que queremos contar é que esta semana comezamos un proxecto sobre as emocións, "O reino das emocións" da Fundación Meniños, onde os seus protagonistas son Draco e Andreia. Gústanos moito e estamos preparando aos protagonistas para que os coñezades, para a vindeira semana poderedes telos na casa. 

Xa levamos todo o curso traballando as emocións, pero agora fixemos unhas cariñas para a sala de fora e vamos a elas de vez en cando. Cada un/unha colócase na que indica a emoción de como se sinte nese momento e contamos o motivo. Temos algún que outro enfadado/a, moi pouquiños/as tristes e a alegría é a que manda na clase!

 

 

E para rematar, mans á masa! Hoxe levaron na mochila este papeliño, xa que o luns comezamos 

" Pequechef", o proxecto que nos vai facer chupar os dedos!

 

Boa fin de semana!

VISITA A RADIO

Temos no colexio unha sala de radio e TV.

Estivemos facendo probas...., podedes escoitalas picando nos enlaces amarelos. 

 Mame, Estela e Manar.

Isabel, Erik, Carolina e Jordan

Anouar E., Lucía, Naila e David.

 

Nazaret, Adrián e Rocío, Mame e Patricia.

 

Lois, Samuel, Uxía e Alba

 

 

 


   

FROITAS E HORTALIZAS

Xa estamos de volta  coas pilas cargadas e con moitas ganas de traballar.

Continuamos co proxecto das froitas e hortalizas, e coa axuda de VOZ NATURA, sementamos na clase para despois plantar no horto do colexio.

Puxemos a terra, as sementes e cada diá o encargado botalles un pouquiño de auga. Mirade como medran. Fixemos uns carteis moi "chulis".

CHICHAROS

 

Aínda estamos esperando polos KIWIS

 

 

Tamén temos FLORES 

 

 

Distribuir contido