Temos novas!

Como xa vos contamos gústanos moito ir á horta e dar un paseo polo patio para ver como medran as nosas patacas, os chícharos da clase de 4 anos, os pementos da de 5 anos e tamén as flores do patio.

Fomos botarlle unha ollada ás patacas e mirade que grandes están!

 

De camiño para a horta vamos cantando a canción "A horta de Balbina", aquí a deixamos para que a aprendades tamén na casa.

Fai un tempo a profe contounos o conto de "La oruga glotona" e días despois... mirade o que nos trouxeron para a clase!!

 

Siiiii, temos vermes de seda na clase!! Tódolos días no patio a profe colle unhas folliñas de moreira para que coman (nós non podemos collelas porque están moi altas). Temos que limpiarlles a caixiña e tirar as follas vellas, e logo miramos como medran.

Sabemos que primeiro son ovos, saen do ovo e convértense en vermes, logo van meterse dentro da súa casiña que se chama crisálida e....SORPRESA! Cando medran moito convértense en bolboretas, igualiño que pasa no conto.

 

 

Estes días estamos traballando moito pintando unhas boliñas de madeira, pero non podemos contarvos para qué son. Nos vindeiros días xa o teredes na casa!

 

E xa para rematar, hoxe é o días das mates no cole e nós cantamos un conto que coñecemos fai un tempiño. O conto é "Polo camiño", deixámosvos aquí un vídeo no que o cantan moi parecido a como o facemos na clase. Gústanos moito moito!

Abur!