Blog 2º A

COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS DE 2ºA

A través deste documento, o que se pretende é informar ás familias de qué ferramentas serán empregadas para establecer tanto unha comunicación co centro como para subir próximas tarefas que lles serán encomendadas ao alumnado.

COMUNICACIÓN

Para os avisos puntuais, dúbidas de exercicios ou calquera consulta que sexa necesaria, empregarase o grupo de whatsapp do que forman parte a titora e as familias de 2ºA.

¿Qué pasa se temos dúbidas de música inglés, relixión, plástica ...?

Se os mestres/as especialistas queren dar algún aviso, a titora fará chegar a mensaxe a través do grupo de whatsapp.

Por outra banda, se algunha familia ten dúbidas ou quere dar algún aviso aos mestres especialistas farase tamén a través do grupo de whatsapp. A titora faralle chegar a mensaxe ao mestre oportuno e, posteriormente, darase a resposta, de novo, polo grupo de whatsapp.

  

 ENVÍO DE TAREFAS

Blog 2ºA:  Atoparase na páxina web do colexio, onde indica a frecha  vermella ou premendo no seguinte enlace Þ   Blog de 2ºA

Neste blog subiranse as tarefas de: Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, Lingua Galega, Lingua Castelá, Plástica, Inglés, Valores e Relixión.

Aula virtual do centro: poderase acceder desde a web do centro onde indica a frecha vermella da imaxe da dereita, ou tamén premendo no seguinte enlace ÞAula Virtual Ceip Plurilingüe de Monforte

En ambos casos se accederá como convidados.

 

Á aula virtual subiranse tarefas de Relixión e de Música. A maiores, ambos mestres tamén poderán subir tarefas aos blogs correspondentes da súa área:

 

Blog de Música e Blog de Relixión: entrando desde a páxina web do centro, onde sinala a frecha vermella ou, directamente, dende os seguintes enlaces Þ  Blog de música    Þ Blog de Relixión

 

Blog de Educación Física:  Atoparase na páxina web do colexio, onde indica a frecha vermella da imaxe da dereita, ou tamén  premendo no seguinte enlace ÞEducación Física.

Neste blog subiranse recomendacións, consellos ou calquera outro contido relacionado coa área de Educación Física.

English activities (tarefa 1)

Moi boas.

Subirei por aquí, dentro do blog de cada aula, tarefas de Inglés relacionadas co temario que fomos dando ao longo do curso. 

 

Free time activities (tarefa a levar a cabo)

 

1º VOCABULARY REVIEW (watch and listen) hobbies and interests

2º WORKSHEETS (premer nos ficheiros adxuntos, trátase de dúas fichas para repasar) 

3º STORY (watch and listen) Ping and Pong

4º SONG ( listen and sing) Free time song

 

RECEITA DE TARTELETAS DE ATÚN CON PEMENTOS

LA JIRAFA

HAPPY HALLOWEEN 2013

CONTO

EL GUARDIÁN DE LAS PALABRAS

RECEITA DE CANELÓNS CON CARNE

RECEITA DE LACÓN CON GRELOS

Distribuir contido