Relixión 1º EP
Blogue de relixión de 1ºA e 1ºB
Enviado por Anónimo o Lun, 11/16/2020 - 12:221º RELI (SEMANA 18-19 FEBREIRO): COMEZA A CUARESMA
Enviado por sol o Ven, 02/19/2021 - 07:30Este mércores, día 17 de febreiro, foi o mércores de cinza, día no que comeza a Coresma.
Esta é Dona Coresma moi amiga de Don Carnal, o rei do Carnaval.
Algúns artistas comezaron a representar a Dona Coresma como unha dona con sete pernas, unha perna por cada unha das semanas que dura o seu mandato.
Dona Coresma quería moito aos nenos e contáballes historias de Xesús. Ensinaba aos nenos que Xesús estivo 40 días no deserto e que agora, durante os 40 días que dura a Coresma, Xesús recórdanos a todos os nenos e nenas que temos que intentar ser mellores, axudar máis a mamá e papá, tratar moi ben aos demais...
Pois vamos intentar seguir as propostas que Dona Coresma fai para cada semana en cada unha das súas pernas e chegar ao final da Coresma con 7 pernas fortes e áxiles.
O alumnado que está na casa non é necesario que imprima a imaxe de Dona Coresma abonda con escribir cada unha das propostas semanais e facer un debuxo de Dona Coresma.
E para rematar a semana unha canción (https://www.youtube.com/watch?v=ndYRVAMQodc), canción que tamén recordaremos as próximas semanas.
Feliz Semana a todos e boa saúde.
Sol
1ºPRIMARIA (Febreiro):- DEUS FALANOS NA BIBLIA
Enviado por sol o Mér, 02/03/2021 - 08:39Bos días nenas, nenos e familias!
Este mes de febreiro traballaremos o tema da biblia
1ª Semana (1-5): Historia del arca de Noé
Fai un debuxo sobre a historia de Noé
Grazas pola vosa participación e colaboración
Un saúdo
Sol
2ª Semana (8-12): Continuamos coñecendo a Noé a través da música e das artes plásticas
Un saudo moi especial a todos os nenos e nenas que están na casa e as súas familias.
Moita sorte!
Ata pronto!
Sol
1º RELIXIÓN.- TEMA 2: DEUS CREOU AO HOME E A MULLER
I.- TEMPORALIZACIÓN: MES DE NOVEMBRO
II.- RECURSOS - INFORMACIÓN
1) Deus crea o home e a muller
III.- ACTIVIDADES
1) Caderno de Actividades Liveworksheets ACCEDER
2) Debuxa no caderno un neno e unha nena