Aproveitando que por esta cidade pasa o Camiño de Inverno, que mellor cologón para o Proxecto: "Xacobeo - Camiño de Santiago" que percorrer algún tramo do camiño situado no concello de Monforte.
Con ilusión, sen importar que estaba previsto que chovera, todos os cursos saíron facer a súa andaina:
- O alumnado de 4º percorreu o tramo desde Reigada ao centro da cidade,
- O alumnado de 1º e 2º subiron ata San Vicente:
- 1º
- 2º
- O alumnado de 3º fixo un percorrido urbano:
- O alumnado de 5º, seguindo a ruta do Camiño de Inverno sinalizada na cidade, sube ata San Vicente e logo baixa ata a rotonda do Peregrino, situada en A Vide.
- Saímos do colexio dirección Noreste
- Cruzamos o Río Cabe
- Xusto ao cruzar a ponte atopamos unha cuncha de vieira que nos indica a dirección a seguir. Temos que desviarnos porque está cortada.
- Continuamos pola Rúa Doutor Casares e Rúa da Costa. Desde esta última entramos no Parque dos Loureiros. Subimos polo sendeiro ata chegar a San Vicente.
- En San Vicente obserbamos a Torre da Homenaxe e as fermosas vistas da cidade.
- Descansamos nas escaleiras do Parador e observamos e analizamos a súa fachada.
- Na Praza de Luís de Gongora, observamos e analizamos o escudo do Pazo dos Condes
- Baixamos ata a Praza de España e analizamos o seu cruceiro.
- Continuamos pola Rúa do Comercio, facendo unha parada explicativa sobre a Oficina de Información e o Museo do Viño e Sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra.
- Desvíamonos a ver a Casa máis estreita de Galicia (1,5 m de ancho e 20 m de profundidade) sitúada perto do Museo Lodeiro.
- Continuamos pola ponte medieval.
- Ao final da ponte atopamos un Cruceiro e o Convento das Clarisas, edificio no que se atopa o Museo de Arte Sacro.
- Tras un breve descanso explicativo diriximonos a Praza de San Antonio. Onde está o Concello e no centro un Cruceiro de base octogonal muy antigo.
- Xa toca repoñer forzas. Merendamos gardando a distancia de seguridade.
- Despois da merenda diriximonos a A Vide para intentar a última pregunta do noso formulario sobre que simbolos xacobeos se poden ver na estatúa do peregrino que está na rotonda. Aquí finaliza o noso percorrido polo Camiño de Inverno. Camiño que como indica o peregrino continúa por A Vide.
- De regreso ao cole facemos outra paradiña para beber e descansar.
- Xa no colexio recollemos os formularios das preguntas coas respostas, un por grupo. A última pregunta, referida as distancias, deberemos volver comprobar pois non había acordo entre os grupos.
E para rematar aquí tedes duas imaxes informativas con algunha pregunta por si queredes recordar e fixar información.
.........................................................
Unhas andainas moi pracenteiras e didácticas para apreciar o entorno e gozar dunha xornada festiva na compaña dos compañeiros de clase e dos profesores.
Bo Camiño!