Skip to Content

INDICACIÓNS ANTE ORDE DE AXUDAS COMEDOR

INDICACIÓNS ANTE ORDE DE AXUDAS COMEDOR

 

Ante todo, e dados os momentos que estamos a vivir polo estado de alerta derivado do COVID-19, a Consellería de Educación, Universidade e FP quere transmitir aos equipos directivos e ao persoal docente, o agradecemento máis fondo polo voso compromiso e esforzo co sistema educativo galego. Un esforzo que imos precisar que continúe e se amplíe, en función da aparición de novas necesidades no sistema educativo, nesta situación tan excepcional.

Por iso, dirixímonos aos directores e equipos directivos dos centros que teñen servizo de comedor xestionado directa ou indirectamente pola Consellería para pedirvos, agradecéndoa de antemán, a vosa necesaria cooperación, de xeito que se facilite a tramitación de solicitudes dunhas novas axudas destinadas ás familias máis vulnerables.

Unha vez que se publique a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos de comedor escolar no Diario Oficial de Galicia (o vindeiro luns), os beneficiarios teñen ata o día 6 de abril para formalizar as peticións. Acompañamos copia. Ao final desta comunicación

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. Porén, no caso de que estas non dispoñan de coñecementos ou medios para facelo é cando requirimos a axuda do equipo directivo do centro escolar onde teñan escolarizados os seus fillos e fillas, para axudalos a facelo, porque será o único xeito para eles de acceder ás tan precisas axudas.

Estamos ante una situación excepcional, polo que necesitamos de novo aos equipos directivos para garantir que as familias máis vulnerables, sen recursos para tramitar as peticións, poidan facelo. E temos que facelo asegurando ao máximo as precaucións sanitarias e as obrigas de confinamento.

Para iso, os equipos directivos que deban axudar ás familias nesta tramitación terán que solicitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

As respostas correctas a estas preguntas serán suficientes para acreditar que estades a falar cos auténticos titores do alumnado beneficiario e que non se levanten suspicacias pola petición dese tipo de datos. Con todo se alguén non quere dar o seu número de conta pode solicitalo en sede electrónica.

Eses datos terán que incorporarse a aplicación de comedores escolares nuns novos campos que se están a habilitar e que estarán operativos o luns ao final do día.

Calquera tipo de dúbida a aclararemos a través do portal da dirección, polo que podedes formular aquelas preguntas que estimedes oportunas.

Unha vez máis, grazas pola vosa cooperación e entrega en tempos tan excepcionais.

Orde axudas comedores COVID 19

 

 



page | by Dr. Radut