Skip to Content

BENVIDOS AO NOSO COLE

Benvidos ao CEIP MESTRE VIDE

 Opiniones de CEIP Mestre Vide (Escuela) en Orense (Orense)

 CEIP Mestre Vide

Rúa Mestre Vide nº4,

32004 Ourense

Novo número de teléfono: 988 23 85 51

 Correo electrónico:

ceip.mestre.vide@edu.xunta.gal

 

erasmus Turquía

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e coñece o funcionamento da Deputación da man do vicepresidente segundo, César Fernández

Ourense, 6 de maio de 2024.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide. Na recepción, César Fernández explicoulles o funcionamento da institución provincial e o papel tan importante que exerce de cooperación cos concellos ourensáns.

O vicepresidente segundo da Deputación, que lles desexou unha "gran experiencia" en Ourense, tamén lles aclarou que no Salón de Plenos "nos reunimos unha vez ao mes todos os grupos políticos para deliberar sobre asuntos que son de interese para a provincia".

Na visita participaron máis de medio cento de alumnos e alumnas do Mestre Vide, xunto aos cinco alumnos do programa Erasmus procedentes de Esmirna (Turquía). Estiveron acompañados por dez profesores -cinco do programa Erasmus- encabezados polo director do centro, Juan Regal.

AXUDAS LIBROS CONCELLO DE OURENSE

blob:https://bop.depourense.es/8d070c19-6dc9-403f-914e-ff3a383df1c0

ASUNTOS SOCIAIS ACORDO DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE AXUDAS EN ESPECIE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES, CURSO 2024/2025 Extracto do acordo da convocatoria pública de axudas en especie para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024/2025 (exp. 2024003279) De conformidade co que establecen os arts. 17.3.b. e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index): Primeiro. Beneficiarios • Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do art. 5 das bases reguladoras, unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros: • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia. • Non superar os 4.000 € de renda per cápita anual para as axudas de libros e material escolar e os 3.700 € para as axudas de comedores escolares. • Compútase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia). 

 

 Dende a Concellería de Benestar Social, informámoslles que xa teñen a súa disposición, a publicación do Acordo da convocatoria pública de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024-25, tanto no Boletín Oficial da Provincia nº 77, venres 19 de abril de 2024 como no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense (ourense.gal } sede electrónica } taboleiro de anuncios).
O prazo para presentar as solicitudes xunto coa documentación pertinente, comeza o vindeiro luns día 22 de abril de 2024 e remata o 13 de maio de 2024 (incluído).
Poderán presentala:
    1. Pola sede electrónica do Concello de Ourense
    2. Oficina de rexistro ubicada en Praza Maior nº 1 e no barrio da Ponte (Avda das Caldas nº 28)
Para calquer dúbida poderán poñerse en contacto con nós telefonicamente o número 988 686 437, ou de maneira presencial no Negociado de Servizos Sociais (Rúa Primaveira nº 1) en horario de maña de 09:00 a 14:00

edixgal

Portada | espazoABALAR (xunta.gal)

Centros E-Dixgal | espazoABALAR (xunta.gal)

Equipamento aula dixital | espazoABALAR (xunta.gal)

Portada | espazoABALAR (xunta.gal)

Equipamento aula dixital

Equipamento aula dixital
Imaxe
Aula con ordenadores

 

Un portátil por aula

Para os docentes estará dispoñible un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

 

Imaxe
Portátiles

 

Unha pizarra dixital interactiva

O modelo de pizarra dixital interactiva que se facilitará aos Centros, será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.

Ademais a distribución abalar conta co software  OpenSankore, que permite a creación de recursos interactivos dixitais para empregar nos Encerados Dixitais Interactivos

 

Imaxe
Pizarras dixitais

 

Un proxector

O proxector complementará ás pizarras dixitais interactivas.

É un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta que pode proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de  formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.

Imaxe
Proxector

 

Un armario para a carga dos equipos

Imaxe
Armario con rodas

O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos. Isto posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.

O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.

Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia.

O sistema de audio atópase autoamplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.

O proceso de carga pode ser detido en calquera momento mediante a pulsación do botón vermello situado no panel de control.

Os sistema conta con ventilación forzada para a extracción do aire quente que se xera durante a carga, é por iso que debemos ter especial coidado na súa situación para manter libres os accesos a estas zonas.

 

Imaxe
Armario aberto

 

Rede Wifi

A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.

Imaxe
Exemplos de router

 Equipamento

Imaxe
eqipamento EDIXGAL

Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, HP ProBook x360 11 G5 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (todos os modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras. Dende o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line), como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

Que se pode facer co portátil?

O equipo cedido ao alumnado do proxecto, é para uso persoal e educativo, é dicir, o alumnado empregará o equipo para seguir o proceso de ensino aprendizaxe e para realizar as tarefas educativas indicadas polo profesorado, ou calquera outra actividade educativa pertinente. Non se poderá usar o equipo para ningún outro uso persoal distinto da actividade educativa. Tampouco se poderá ceder a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida como conduta contraria a convivencia nas normas de organización, funcionamento e convivencia.

Outras normas a seguir no uso do equipo:

- Non se poderán realizar manipulación no ordenador nin no software instalado

- Deberá informarse ao/á titor/a do curso de calquera dano observado no equipo

- O alumnado deberá levar o ordenador ao centro todos os días, en condicións de uso e coa batería cargada

- O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para realizar calquera acutaicón, ou calquera tarefa de mantemento, etc ...

- O profesorado e o/a coordinador/a E-Dixgal do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno, co fin de constatar o seu estado

Quen é o responsable do equipo?

A responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos/as pais/nais/titores/as legais, que deben responder do perda ou do seu mal uso. As averías que podan producirse na utilización diaria do equipo, que non sexan debidas a un uso inadecuado, están recollidas nos supostos de garantía do equipo, e polo tanto deben comunicarse solventarse a través das distintas canles do Servizo de soporte Premium. 

 Entorno Virtual de Aprendizaxe | espazoABALAR (xunta.gal)

Información para as familias | espazoABALAR (xunta.gal)

folleto_edixgal_23_24_0.pdf (xunta.gal)

O/A teu/túa fillo/a forma parte dunha xeración que crece nun mundo conectado, rodeado/a de smartphones, tabletas e ordenadores. A educación non pode ser allea a un mundo cada vez máis dixital. Por iso, dende a Xunta de Galicia puxemos en marcha o Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións. Concibimos Abalar como unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital coa implicación de toda a comunidade educativa: familias, docentes e alumnado. Para conseguilo Abalar iniciou a súa andaina en 2010 proporcionando aos centros educativos: Equipamento e conectividade Contidos educativos dixitais Accións de formación e difusión para docentes e familias Canles de participación a través de espazos web e apps Abalar é unha iniciativa viva en evolución constante que ofrece contidos educativos exclusivamente dixitais para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º a 4º de ESO, grazas á plataforma de aprendizaxe virtual E-Dixgal. O/A teu/túa fillo/a é un/unha dos preto de 60.000 alumnos/ as galegos/as que xa estudan unicamente con libros dixitais e este ordenador é a súa ferramenta de estudo.

Que ofrece unha aula dixital? Encerado dixital interactivo As aulas dixitais están equipadas para ofrecer ao alumnado unha experiencia educativa adaptada ás necesidades duns/as rapaces/as que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica. Videoproxector Conectividade WiFi Ordenador para o profesorado Ordenador para o alumnado O/A teu/túa fillo/a ten á súa disposición os contidos de todas as materias do seu curso na plataforma virtual de aprendizaxe. Dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a docente e un ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Isto significa que non emprega libros en papel. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregan na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través dun programa que xa vai instalado no portátil EDIXGAL. Deste xeito, en caso de que non dispoñan de conexión a Internet na casa, o/a teu/túa fillo/a poderá seguir o curso sen dificultade.

Programa de inmersión lingüística activa "Spring Week"/ Listado

A. Spring Week- Centros Públicos 2023-24
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

 

Alumnado selecciónado para Spring Week

Sofía Álvarez López

Mateo Armero Costas

Alejandro Barreiros López

Laura Diéguez Novoa

Leo Fernández Paz

Uxía Fernández Paz

Sancho Gimeno Nieto

André Maceiras Fernández

Vera Murias Fernández

Carla Pérez Araujo

Mónica Carballo Martínez

Anxo Fernández López

Iago García Gnzález

Muma Gómez Domínguez

Sheila López Lahoz

Enzo Montecelo López

Roque Darío Nieto Lozano

Carla Ramos Vázquez

Sergio Rodríguez González

Mencía Rojo Domínguez

Iker Salgado Fernández

Álvaro Santos Conde

Alejandro Vázquez Álvarez

Lara Vázquez Carreiro

Hugo Viñoles Gil

 

O programa de inmersión lingüística activa "Spring Week" desenvolverase de acordo co obxectivo e características que se especifican a continuación:

1. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística activa en lingua inglesa que lle permita desenvolver actividades comunicativas nesta lingua, nunha contorna de comunicación real, ao mesmo tempo que afondan en coñecementos relevantes doutras áreas e materias do currículo do seu nivel e etapa educativos. Así mesmo, contará con actividades que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural cunha metodoloxía adecuada ó seu nivel e etapa educativos.

2. O contido deste programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros cuxa finalidade é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

3. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. (Enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sostibles , acción polo clima) .

4. O alumnado estará acompañado por unha persoa docente do centro educativo cun coñecemento da lingua inglesa adecuado para participar neste programa. Este docente responsabilizarase da adecuada participación do seu grupo na actividade formativa.

Duración e datas de celebración das actividades

1. Estas actividades realizaranse en réxime de internado nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia, en quendas semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.

2. Levaranse a cabo na primavera, durante os meses de abril a maio do 2024, de acordo co seguinte calendario e distribución por niveis:

 

QUENDA

DATAS

CURSO

ALUMNADO

1ª quenda

do 14 ao 20 de abril

4º de ESO

175

2ª quenda

do 21 ao 27 de abril

3º de ESO

175

3ª quenda

do 28 de abril ao 4 de maio

2º de ESO

175

4ª quenda

do 5 ao 11 de maio

1º de ESO

175

5ª quenda

do 12 ao 18 de maio

6º de EP

175

6ª quenda

do 19 ao 25 de maio

6º de EP

175

TOTAL

1.050

 

Suxírennos dende a empresa encargada de Spring Week (Interway) as seguintes cuestións:


Que o alumnado (e profesorado) leve bañador, toalla e chanclas, así como unha botella reutilizable para poder utilizar durante a súa estancia. Se fose posible que leven un reloxo despertador para as mañás.

O alumnado que toma algún antiinflamatorio o analxésico de forma recurrente, que leve a autorización firmada da casa para non ter que pedirllo ás familias cada vez que alguén o precisa

 


Asesoria Linguas Estranxeiras

Correo de contacto:springweek@edu.xunta.gal

Teléfono de contacto: 981 546 544

Bo día,

Achégase documentación da actividade Spring Week 23/24 da que son beneficiarios:

  • Información Spring Week 23/24 quenda 6 (do domingo 19 ao sábado 25 de maio)
  • Fichas de datos persoais do alumnado que serán entregadas polo profesorado acompañante, xunto coa documentación solicitada na guía, o  día de chegada.
  • Excel para completar cos datos do alumnado e profesorado (solo iniciais de cada persoa) con información sobre intolerancias, alerxias e necesidades educativas especiais que será reenviada a esta conta de correo.
  • Teléfono de contacto da directora do programa da empresa Interway S.L.: Paloma-621181860

Intrucións:

  • Por favor, aportade canto antes o número de alumnado que asistirá (nunca máis do número de alumnado adxudicado para cada centro), para que no caso de non cubrir as prazas adxudicadas, poder ofrecelas con tempo aos centros de reserva.
  • O docente acompañante debe entregar cubertas as fichas do alumnado no momento en que este entre na actividade. 
  • Para poder atender adecuadamente ao alumnado que teña circunstancias específicas así como ao docente acompañante, adiantade canto antes a este correo springweek@edu.xunta.gal a información concreta cubrindo o documento Información alumnado-profesorado.xls. Índicando no asunto da mensaxe "Quenda6_nomedocentro"

Os horarios de entrada e saída para cada centro serán:

CÓDIGO DO CENTRO CENTRO QUENDA HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA
15009241 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 18:00 Sábado 25 – 12:00
36007199 CEIP Plurilingüe Isidora Riestra 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 18:15 Sábado 25 – 12:00
36013564 CEIP Plurilingüe Pena de Francia 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 18:30 Sábado 25 – 12:15
15015238 CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 18:45 Sábado 25 – 12:15
36009846 CEIP Plurilingüe Nº 1 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 19:00 Sábado 25– 12:30
32015669 CEIP Mestre Vide 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 19:15 Sábado 25– 12:30
32010601 CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 19:30 Sábado 25– 12:45
36007709 CEIP Plurilingüe de Reboreda 19 maio - 25 maio Domingo 19 – 19:30 Sábado 25 – 12:45

Chamareivos nos vindeiros días para resolver dúbidas que poidan xurdir.

Reciban un cordial saúdo,

Avaliación de diagnóstico/4º

Erasmus . Mobilidade 5º, Ponte da Lima

Admisión de alumnado

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2024/2025, a dirección do CEIP MESTRE VIDE, ten que comunicar os seguintes resultados.

 

 

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

N.º SOLICITUDES

BAREMACIÓN

4º Ed. Infantil

40

31

NON

5º Ed. Infantil

7

0

NON

6º Ed. Infantil

8

2

NON

1º Ed. Primaria

0

1

2º Ed. Primaria

0

0

NON

3º Ed. Primaria

0

2

4º Ed. Primaria

0

1

NON

5º Ed. Primaria

0

0

NON

6º Ed. Primaria

0

2

 

Quedando admitidos todos os solicitantes de Educación Infantil e sendo preciso baremar en 1º, 3º e 6º de Educación Primaria

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ PARA BAREMAR

A documentación a presentar, según o dereito que se alegue, será a seguinte:

  • Proximidade do domicilio: ( puntuación máxima 6 puntos , área influencia: 6 puntos. Limítrofes:3 puntos) . Certificado do padrón municipal. (Non é válido o volante do padrón). Debe coincidir co domicilio fiscal.

  • Proximidade do lugar de traballo: Certificado da empresa. (Ambas circunstancias son incompatibles). (4 puntos na área de influencia e 2 puntos nas áreas limítrofes)

  • Certificación de familia numerosa..(categoría especial: 3 puntos, xeral: 2 puntos)

  • Renda per cápita da unidade familiarano 2022. (IPREM : INDICADOR PÚBLICO DE RENDA DE EFECTOS MÚLTIPLES : 579,02€ -1 mes,6,948,24 -12 mensualidades///8,106,28 € -14 mensualidades).

    1. Igresos iguais ou inferiores a 0,5 o IPREM: 3 puntos

    2. Ingresos igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 o IPREM: 2 puntos

    3. Ingresos igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto

    4. Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos

  • Certificación de familia numerosa..(categoría especial: 3 puntos, xeral: 2 puntos)

  • Irmáns nados dun parto mútiple: se son dous 8 puntos se son máis 10 puntos

  • Familia monoparental hai que xustificalo documentalmente. (2 puntos)

  • Discapacidade superior ao 33%: do alumno (4 puntos), proxenitories, titores ou acolledores (3 puntos), irmáns (1 punto por cada un). Terá a mesma consideración: pensión por incapacidade da Seg. Social ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade. -Xustificaráse coa presentación do correspondente certificado.

  • Vítima de violencia de xénero/ vítima de terrorismo: 2 puntos

  • Criterio complementario establecido polo centro.0 puntos

  • Nota: A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación

  • ten carácter voluntario, pero a non presentación implica a renuncia

  • á correspondente puntuación..

     

 

PLAN BIBLIOTECA

Erasmus 24 Mobilidade 6º Lisboa

Distribuir contido


by Dr. Radut