Skip to Content

2024

edixgal

Portada | espazoABALAR (xunta.gal)

Centros E-Dixgal | espazoABALAR (xunta.gal)

Equipamento aula dixital | espazoABALAR (xunta.gal)

Portada | espazoABALAR (xunta.gal)

Equipamento aula dixital

Equipamento aula dixital
Imaxe
Aula con ordenadores

 

Un portátil por aula

Para os docentes estará dispoñible un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

 

Imaxe
Portátiles

 

Unha pizarra dixital interactiva

O modelo de pizarra dixital interactiva que se facilitará aos Centros, será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.

Ademais a distribución abalar conta co software  OpenSankore, que permite a creación de recursos interactivos dixitais para empregar nos Encerados Dixitais Interactivos

 

Imaxe
Pizarras dixitais

 

Un proxector

O proxector complementará ás pizarras dixitais interactivas.

É un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta que pode proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de  formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.

Imaxe
Proxector

 

Un armario para a carga dos equipos

Imaxe
Armario con rodas

O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos. Isto posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.

O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.

Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia.

O sistema de audio atópase autoamplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.

O proceso de carga pode ser detido en calquera momento mediante a pulsación do botón vermello situado no panel de control.

Os sistema conta con ventilación forzada para a extracción do aire quente que se xera durante a carga, é por iso que debemos ter especial coidado na súa situación para manter libres os accesos a estas zonas.

 

Imaxe
Armario aberto

 

Rede Wifi

A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.

Imaxe
Exemplos de router

 Equipamento

Imaxe
eqipamento EDIXGAL

Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, HP ProBook x360 11 G5 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (todos os modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras. Dende o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line), como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

Que se pode facer co portátil?

O equipo cedido ao alumnado do proxecto, é para uso persoal e educativo, é dicir, o alumnado empregará o equipo para seguir o proceso de ensino aprendizaxe e para realizar as tarefas educativas indicadas polo profesorado, ou calquera outra actividade educativa pertinente. Non se poderá usar o equipo para ningún outro uso persoal distinto da actividade educativa. Tampouco se poderá ceder a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida como conduta contraria a convivencia nas normas de organización, funcionamento e convivencia.

Outras normas a seguir no uso do equipo:

- Non se poderán realizar manipulación no ordenador nin no software instalado

- Deberá informarse ao/á titor/a do curso de calquera dano observado no equipo

- O alumnado deberá levar o ordenador ao centro todos os días, en condicións de uso e coa batería cargada

- O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para realizar calquera acutaicón, ou calquera tarefa de mantemento, etc ...

- O profesorado e o/a coordinador/a E-Dixgal do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno, co fin de constatar o seu estado

Quen é o responsable do equipo?

A responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos/as pais/nais/titores/as legais, que deben responder do perda ou do seu mal uso. As averías que podan producirse na utilización diaria do equipo, que non sexan debidas a un uso inadecuado, están recollidas nos supostos de garantía do equipo, e polo tanto deben comunicarse solventarse a través das distintas canles do Servizo de soporte Premium. 

 Entorno Virtual de Aprendizaxe | espazoABALAR (xunta.gal)

Información para as familias | espazoABALAR (xunta.gal)

folleto_edixgal_23_24_0.pdf (xunta.gal)

O/A teu/túa fillo/a forma parte dunha xeración que crece nun mundo conectado, rodeado/a de smartphones, tabletas e ordenadores. A educación non pode ser allea a un mundo cada vez máis dixital. Por iso, dende a Xunta de Galicia puxemos en marcha o Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións. Concibimos Abalar como unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital coa implicación de toda a comunidade educativa: familias, docentes e alumnado. Para conseguilo Abalar iniciou a súa andaina en 2010 proporcionando aos centros educativos: Equipamento e conectividade Contidos educativos dixitais Accións de formación e difusión para docentes e familias Canles de participación a través de espazos web e apps Abalar é unha iniciativa viva en evolución constante que ofrece contidos educativos exclusivamente dixitais para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º a 4º de ESO, grazas á plataforma de aprendizaxe virtual E-Dixgal. O/A teu/túa fillo/a é un/unha dos preto de 60.000 alumnos/ as galegos/as que xa estudan unicamente con libros dixitais e este ordenador é a súa ferramenta de estudo.

Que ofrece unha aula dixital? Encerado dixital interactivo As aulas dixitais están equipadas para ofrecer ao alumnado unha experiencia educativa adaptada ás necesidades duns/as rapaces/as que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica. Videoproxector Conectividade WiFi Ordenador para o profesorado Ordenador para o alumnado O/A teu/túa fillo/a ten á súa disposición os contidos de todas as materias do seu curso na plataforma virtual de aprendizaxe. Dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a docente e un ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Isto significa que non emprega libros en papel. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregan na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través dun programa que xa vai instalado no portátil EDIXGAL. Deste xeito, en caso de que non dispoñan de conexión a Internet na casa, o/a teu/túa fillo/a poderá seguir o curso sen dificultade.

MENÚ .MAIO

II carreira solidaria contra a leucemia infantil

FUNDACIÓN UNOENTRECIEN MIL

RECADACIÓN ....1871 EUROS

PLAN DE IGUALDADE/PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

IV CAMPAÑA DE AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA (BONOS 20€)

IV CAMPAÑA DE AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA (BONOS 20€)

1 de febreiro ao 4 de marzo de 2024

Nados dende o 1 de xaneiro de 2006 CAMPAÑA DE AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA A campaña de agasallo de libros á rapazada é unha iniciativa en forma de subvencións en especie para a adquisición de libros con destino a nenos e nenas (menores de 18 anos) nados no ano 2006 en adiante e empadroados no Concello de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a- que poderán retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 1 de febreiro de 2024 ata o 4 de marzo de 2024.

Para estes efectos, deberás realizar unha solicitude a través da web do Concello de Ourense (www.ourense.gal ou https://libros.ourense.gal/), onde atoparás unha listaxe dos establecementos participantes na campaña. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarémosche un código alfanumérico que deberás presentar, xunto co DNI, no establecemento. O Concello dálle continuidade así á campaña realizada de forma pioneira o verán do 2020, coa que máis de 9500 nenos e nenas recibiron este agasallo como premio aos seus esforzos durante o confinamento e durante o curso escolar. A anterior “campaña de agasallo de libros á rapazada” desenvolveuse do 22 de xuño ao 7 de setembro de 2022, e participaron máis de 30 librarías e papelarías da cidade. A que esperas para recoller o teu libro?

COMO OBTER O TEU LIBRO

1º Paso Completa o formulario coa túa información e busca os beneficiarios ao teu cargo.

2º Paso Recibe no teu correo electrónico ou sms os bonos de cada beneficiario/a.

3º Paso Troca os bonos nun establecemento asociado á campaña.

4º Paso No momento da venda do libro, recibirás unha mensaxe no teu correo electrónico ou sms para confirmar a compra.

5º Paso Goza da lectura

! Un saúdo. Ourense,

1 de febreiro do 2024 Sara Dacal Fdez Coordinadora Programas Educativos Rúa da Canle 6, 32004 Ourens

PORTAS ABERTAS 2024

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

 

 

CONVIDÁMOSTE A VISITAR O CENTRO TODOS OS

 

MARTES DE FEBREIRO DE 16:00 A 18:00 HORAS

  

1ª Quenda as 16:00 e 2ª as 17:00

 

 

 Estaremos encantados de mostrarche as nosas dependencias.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut