Skip to Content

Escolares

ORGANIGRAMA ESCOLAR 2023/2024

ORENCANTO

Magosto 2021

MESTRE VIDE/EN BOAS MANS

No Mestre Vide... Sempre en boas mans...

 

Preme nesta ligazón e poderás ver o video en grande

 

https://youtu.be/j5NXZXf4

 

LETRAS GALEGAS 2020

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

https://academia.gal/a-trabe-de-ouro

http://primaveradasletras.gal/

2020 - Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Tras os primeiros estudos na súa cidade natal, en 1926 chegou a Santiago para estudar Dereito. Alí entrou en contacto co galeguismo articulado arredor do Seminario de Estudos Galegos, no que ingresaría en 1927. Nesta etapa, redactou un manifesto sobre a galeguización da universidade, participou na fundación do Partido Galeguista en 1931 e na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia (1931-1932). Tamén escribiu artigos en A Nosa Terra e na revista Nós e publicou as súas primeiras obras, como Vieiros (1931) e O silenzo axionllado (1934).

En 1931 volveu a Ferrol para traballar como administrativo municipal e desde alí cursou por libre a carreira de Filosofía e Letras. O golpe militar sorprendeuno en Madrid cando opositaba á cátedra de Lingua e Literatura españolas de ensino medio e incorporouse á loita como miliciano. Ao acabar a guerra, foi condenado a doce anos de cárcere. En 1941, regresou a Ferrol, en liberdade condicional mais imposibilitado para acceder a cargos públicos. Sobreviviu dando clases no ensino privado, nun silencio obrigado (as pezas teatrais A Arbre, Farsa das Zocas e A sombra de Orfeo, escritas en 1948, non verían a luz ata moito despois). As lembranzas deses anos quedaron inmortalizadas na súa novela Scórpio (1987), Premio Nacional de Literatura.

En 1950 trasladouse a Lugo para dirixir o Colexio Fingoi e retomou a súa produción poética, coas obras Anxo de terra (1950) e Poemas pendurados de un cabelo (1952). En 1951, publicou A xente da Barreira, a primeira novela galega da posguerra.

Nesta década, comprometeuse coa Editorial Galaxia na revitalización da cultura galega, colaborou en Grial, na prensa especializada e no xornal La Noche e consagrouse como o principal estudoso das letras galegas con Sete poetas galegos (1955) e Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955), froito da súa tese de doutoramento. En 1958, ingresou na Real Academia Galega cun estudo sobre as fontes literarias de Rosalía. O froito máis valioso neste campo foi a súa Historia da literatura galega contemporánea (1963, completada en 1975).

En 1965 incorporouse como agregado ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e empezou a impartir clases de galego na Universidade compostelá (á que se dedicaría de forma exclusiva desde 1972). Foi o primeiro docente universitario de Lingüística e Literatura Galegas e, a partir do 72, o primeiro catedrático.

As publicacións relacionadas coa lingua galega e a súa codificación tamén centraron a súa atención. A súa Gramática elemental del gallego común (1966) tivo sete edicións ata 1979 e foi un manual imprescindible para os primeiros estudantes universitarios de Filoloxía Galega. Así mesmo, participou na elaboración, por encargo da RAG, das súas primeiras normas ortográficas (1970) e morfolóxicas (1971). De 1975 en diante, comezou a defender os postulados reintegracionistas, en especial tras o fracaso da proposta normativa da Comisión de Lingüística, presidida por el, en 1979. De feito, a derradeira década da súa vida estivo caracterizada pola atención prioritaria aos problemas da lingua e ao desenvolvemento da proposta reintegracionista.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Actividades dinamizadoras nos centros

Publicacións

 

 

 

 

 

AULA DIXITAL ANAYA

Olaboa tarde, a todas e todos. Coa máxima celeridad que podemos estamos intentando facilitar a todo o profesorado  recursos, libros dixitais, acceso a plataforma virtual de aprendizaxe, etc, nas distintas modalidades según as necesidades e características dos centros e os alumn@s.

 

Por simplificar un pouco, estamos en condicions de facilitar a creación de un AULA DIXITAL a través de BLINKLEARNIG, o sencillamente facilitar as licencias necesarias para os libros dixitais interactivos, (faltan alguns títulos por engadir) para facilitarlles as familias dos alumnos, tanto por curso como por materia.

Intentarei  contactar con todos os centros nos vindeiros días, así como estamos teletraballando para aclarar calquer dúbida que teñades, si está nas nosas mans.

 

 

Adxúntovos varios documentos PDF que vos poden ser de utilidade nestes momentos:

 

  • Un PDF para as familias, que explica como rexistrarse e acceder  a LA WEB DEL ALUMNADO Y LA FAMILIA. E outro tamén que lles explica como descargar os libros dixitais.
  • E para o profesorado, lémbrovos os que xa vos enviara no seu día:
    • Un que explica como rexistrarse na web de www.anayaeducacion.es e ter acceso aos libros e recursos dixitais
    • Outro que explica como descargar o visor para poder ter offline os libros dixitais.

Agardo que sexan de utilidade.

 

Un saúdo e moita saúde para tod@s!

 

 

Alejandro Vázquez Gómez

Delegado  educativo C.G.A.         

 

avazquezg@cga.es

 

telf..   650652132

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=2&uid=35237&mailbox=SU5CT1g&uniq=1585130410379

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=3&uid=35237&mailbox=SU5CT1g&uniq=1585130443274

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=4&uid=35237&mailbox=SU5CT1g&uniq=1585130463810

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=5&uid=35237&mailbox=SU5CT1g&uniq=1585130488627

DÍA DA PAZ 2019

NO CEIP Mestre Vide tamén conmemoramos hoxe e por todo o alto o Día da Paz. Os alumnos realizaron manualidades  empregando materiales como a cerámica,pinturas..., tamén preparan mensaxes que hoxe lucirán no centro. Un día de moita actividade. A entrada  do polideportivo acollerá un gran mural feito por todos os alumnos/as do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut