Skip to Content

2020

25N CHEAS DE VIDA

Día non lectivo

DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA DE MÁSCARAS

DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA DE MÁSCARAS

RESUMO CONVOCATORIA REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

 

DESTINATARIOS

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

• De forma presencial no centro.

• Cita previa e información no teléfono directo da secretaría do centro: 988 238551

• Impresos de solicitude: o No centro: na entrada principal. o Na páxina web do centro. o Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal): procedemento ED330E.

• A solicitude será única para todos os fillos admitidos no centro.

 

PRAZO:

• Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

• Pasado o prazo indicado, o alumnado que se incorpore ao centro procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

• Engadir á solicitude a seguinte documentación: o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). o Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. o En caso de separación ou divorcio, achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. o Poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 Certificado ou volante de convivencia.

 Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. o Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

 Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.o Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. o Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

• Non será necesario achegar os documentos que xa se presentasen xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21 (caso de ser excluído)

. • A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro.

• Cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, poderá requirirsea exhibición do documento ou da información orixinal.

• Os documentos deberán reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

• LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS (indicando a causa da exclusión): 30 de novembro2020.

• PRAZO DE RECLAMACIÓN: 1 e 2 de decembro 2020.

• LISTAS DEFINITIVAS: 3 DE DECEMBRO DE 2020

. • Só se pubicarán no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

En Ourense, a 13 de novembro 2020.

O Director

PRENSA DIARIA

Distribución de máscaras

Orde 6 novembro de 2020 polo que se

regulan os criterios e os procedementos

de distribución de máscaras entre o

alumnado matriculado en Educación

Primaria.

Impreso de solicitude:

Secretaría; apartado: descarga de

impresos

 

 

 

MAGOSTO 2020

 

Clikando neste enlace poderedes ver como vive o Magosto o alumnado de 6º. Gozádeo.

https://www.youtube.com/watch?v=FvOnqct_PV0&feature=youtu.be (6ºA)

https://www.youtube.com/watch?v=lpYKN6QtZJY&feature=youtu.be   (6ºB)

 

e clickando neste ver a canción do magosto  do profe André.

https://www.youtube.com/watch?v=GMq5KBHVgvQ&feature=youtu.be 

 

 

 

MAGOSTO 2020

MAGOSTO 2020 ISTE ANO SÍ QUE SÍ ¡¡¡¡¡TEMOS MAGOSTO!!!! ( cumprindo co protocolo Covid-19). O vindeiro martes de 10 de novembro CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO PROGRAMA Primaria Clases: de 09:00 a 11:00 horas Magosto: 11:00 a 12:00 horas Volta a clase: 12:00 a 14:00 horas Infantil Clases: de 09:00 a 12:00 horas Magosto: 12:00 a 13:00 horas Lugar Pavillón Polideportivo e patios de recreo habituais MENÚ: CASTAÑAS (con castañeiro) BOLOS PREÑADOS AUGA E ZUME Ourense, a 5 de novembro de 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut