Skip to Content

Anteriores

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO /FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

PRAZO RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO.

LUNS 3 DE XULLO ATA 12 DE XULLO EN HORARIO DE 09:00 A 13:30 HORAS

SETEMBRO : DO 4 AO 8 DE SETEMBRO. (MESMO HORARIO)

 

Nota. OS ALUMNOS DE SEGUNDO B NON  COMPRARAN LIBROS DE TEXTO.

NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO A TITORA INFORMARA AOS PAIS/NAIS DO MATERIAL A COMPRAR.

Charla sobre informática na aula de AACC

Hoxe xoves 15 de xuño de 2017 visitou a nosa aula de AACC Arno Formella, profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Escola Universitaria de Enxeñeiros Informáticos da UVigo (Campus de Ourense). A charla foi do máis dinámica e versou sobre unha das bases da informática, os algoritmos. Utilizando pasta alimentaria (espaguetes e sopa de letras) o ponente fixo comprender ao noso alumnado como funcionan os ordenadores.

Collage informática

Foto de grupo charla informática

Ademais, puideron ver a aplicación de algoritmos cun vídeo de Youtube no que se pode apreciar como un ordenador ordena "espaguetes" seguindo distintos algoritmos. Realmente interesante!

Moitas grazas Arno pola túa visita e a túa colaboración.

LIBROS DE TEXTO 2017/2018

Poesía na aula de AACC

O xoves 8 de xuño visitou a aula de AACC do CEIP Mestre Vide José Ramón Fernández Morgade. O poeta compartiu co noso alumnado os motivos que o levaron a mergullarse no mundo da poesía, a orixe do Círculo Poético Ourensán e como non a súa poesía.

poesia na aula

aula_AACC

Ademais, o autor agasallounos con 4 libros, dúas copias por duplicado das súas obras "Me evaporo" e "Lúas do Deserto" Moitas grazas por ese agasallo e por esa enriquecedora visita.

Vídeo das Letras Galegas

Non vos podedes perder os actos que se celebraron no noso centro para a celebración do día das Letras Galegas. O noso alumnado participou de xeito variado: lendo, cantando, bailando e actuando! todo arredor das obras de Carlos Casares Mouriño, autor orixinario de Xinzo de Limia, ao cal este ano se lle dedicou este día tan sinalado. Esperamos que o desfrutedes.

 

CHARLA ALTAS CAPACIDADES

Non vos podedes perder este PowerPoint sobre a charla que se celebrou en Lalín dentro dunhas xornadas de AACC para o profesorado.Fai clic na imaxe para descargala.

Cultura con Vide

ALUMNOS DE 1º EN MARCELLE

AXUDA LIBROS/MATERIAL. CONCELLO DE OURENSE

Xa podedes ver online o Xornal Escolar no que participou a aula de AACC

Chegou o día! xa podedes ver online o programa do "Xornal Escolar" de Telemiño, emitido o 13 de maio, no que participou o alumnado de AACC do noso centro. Non o podes perder!

Distribuir contido


by Dr. Radut