Skip to Content

 

MAGOSTO

MAGOSTO 2023

O día 14 de novembro celebramos O MAGOSTO e pasámolo moi ben!

Fixemos diferentes actividades relacionadas co mesmo:

  • Decoramos unhas castañas en Plástica.
  • Picamos castañas e fixemos cucuruchos.
  • Desfrutamos nos obradoiros: decoramos o vaso para o chocolate, a bolsiña para as castañas e fixemos un tres en raia grupal.
  • Comemos unha morea de castañas e desfrutamos moito!

 

MAGOSTO 2023

Tal e como anunciamos, este  Magosto 2023, foi  especial!! 

Por suposto non faltaron as castañas asadas, por algo son as raíñas da festa! Tampouco o chocolate quentiño, como xa vén sendo tradición no noso cole. Todo, coma sempre, grazas á colaboración da nosa ANPA.

Acompañaronnos na celebración as familias e como convidadas especiais as mulleres usuarias do Centro das Excravas da Virxe Dolorosa.

Pero ademais, este ano, celebramos por primeira vez un Magosto de Convivencia, no que compañeiros e compañeiras de diferentes niveis, xuntáronse en grupos capitaneados polo alumnado de 6º, para realizar diversos obradoiros relacionados con esta festa: O MAGOSTO.

O único que non nos acompañou foi o tempo, que non nos permitiu realizar, como tiñamos previsto,  os xogos tradicionais  coas familias. Unha mágoa!

Pero a choiva non impediu que  desfrutaramos, XUNT@S,  deste Magosto 2023!!

MAGOSTO 2023

É TEMPO DE MAGOSTO

MAGOSTO EN 2ºB

 O alumnado de 2ºB é moi larpeiro! Aquí os vedes gozando do Magosto no patio do cole: dos amigos e amigas, as familias que se achegaron a festexar, a foliada e, como non, as castañas e o chocolate!

Pero comer castañas e chocolate non foi o único que fixeron!

Aquí vos deixamos unha mostra das decoracións tan otoñais que fixeron para a súa aula e tamén para alegrar os corredoiros.

 

 

Agardamos que vos gusten!

MAGOSTO 2022

 

 

 

Un curso máis celebramos o Magosto no noso colexio. Non faltaron castañas asadas, chocolate quente, nin por suposto a música tradicional en directo. Pasamos unha boa mañá compartindo estes momentos coas familias.

Premer na imaxe para ver un resumo desta celebración:

 

ENCÁNTANOS O MAGOSTO!!!

Hoxe na clase estivemos lembrando o ben que o pasamos o día do Magosto!!!

Fixemos cucuruchos con papeis de xornais, decorámolos con debuxos do outono, propios desta festa e, finalmente, enchémolos de castañas para despois comelas todiñas!!!

Aquí vos deixamos unhas cantas fotos para que o comprobedes vós mesmos!!!

 

Preme aquí...

 

 

As nosas festas

   

 

SAMAÍN

MAGOSTO

NADAL

ENTROIDO

LETRAS GALEGAS

 

 

          

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut