Skip to Content

 

SAMAÍN

SAMAÍN 2023

Este Samaín, no Mestre Valverde Mayo contamos cunha anfitrioa terroríficamante excepcional, a bruxa Maruxa, o espírito da festa. 

Os corredores do cole convertéronse en auténticos túneis do terror, grazas ao arrepiante traballo das aulas, decorando portas e arredores.

E de novo, un  Samaín máis, o colexio encheuse de monstruosas e aterradoras cabazas. Cada ano superádesvos, familias!! Parabéns!!

E para rematar a festa, os xogos no pavillón. Pasámolo de medo!!

Este Samaín 2023, non foi un Samaín máis!! Descubrídeo premendo na imaxe!!

 

CHEGOU O SAMAÍN Ó COLEXIO

Chegou o Samaín ó noso colexio e...  mirade a  exposición de cabazas, a decoración das portas das aulas e dos corredores, os murais, as  manualidades... e todo dá moito medoooooo!!!. Voltamos á celebración cos xogos no pavillón. Os nenos e as nenas de 6º de EP percorreron as aulas  facendo o trick or treat, invitándonos a participar no Circuíto de Xogos de Samaín. Pasamos por todos os xogos: pesca, tea de araña, circuitos de medo, canastramaín, pantasmabirlos, ollogol, chapascabazas, tragabolas, encestasombreiros e cabezas tolas. Que ben o pasamos!! Preme na imaxe para ver o video.

 

SAMAÍN EN 6º EI

Esta semana celebramos o Samaín na aula: foi unha semana de medo! Participamos no concurso de portas de medo, trouxemos cabazas do máis creativas, pintamos caretas de Samaín... 

Se queredes ver un resumo desta semana, premede na imaxe:

  


O MONSTRO REFUGALLO!!!

Hoxe facemos un recordatorio da festa de Samaín do noso cole, no que o grupo de 2º de EP creamos o noso monstriño Refugallo. Foi unha actividade terrorífica, terroríficamente divertida...!!!!

A continuación amosámosvos o proceso de elaboración do noso monstro e o resultado final!!! Agardamos que vos guste!!!

 

 

Preme aquí...

 

O samaín

Os nenos e nenas de 1º B pasamos un Samaín de medo!

Construímos o noso monstro Comecastañas con materiais reciclados e quedounos ben terrorífico. Tamén trouxemos as cabazas decoradas.

Viñemos disfrazados dos máis terríbeis monstros e fixemos un morcepin que levamos para a casa.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut