Blogues

JERUSALEMA

CONTACONTOS DO XOVES

HOXE FOI BRAIS QUEN COMPARTIU CON TODAS E TODOS O SEU CONTO FAVORITO.

"LOS BESOS QUE SELLARON LAS CARTAS DE SANTA CLAUS"

    GRACIAS BRAIS!!


PRIMEIROS SELOS NA CREDENCIAL DE PEREGRINO/A

HOXE EN BIBLIOSINDE PUXEMOS OS PRIMEIROS SELOS NA CREDENCIAL DE PEREGRINAS/OS.

XENIAL!!!

TEMOS QUE CONSEGUILOS TODOS!!!

 

CAMIÑO DE SANTIAGO EN FAMILIA

Lucas empezou así de ben o mes de decembro!!

Fixo o tramo do camiño de Santiago coa súa nai, aquí vos deixo a proba.

 

Alan, Brais, Diego Adrover e Hugo fixeron de guías coa súa familia no percorrido do tramo do camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.Moi ben rapaces xa tedes un segundo selo da credencial de peregrino!!!

FACEMOS O CAMIÑO EN FAMILIA

Un dos obxectivos do proxecto "O Sinde no bo camiño",é o de descubrir á comunidade educativa o tramo do camiño que pasa pola nosa localidade.Este trimestre  fixemos o percorrido co alumnado de 1º,2º, 5º e 6º de primaria, valorando o valor paixasistico, observación das plantas protexidas plantas invasoras, froitos de outono...

Coa finalidade de promover o camiño entre as familias, proponse como reto para conseguir un selo na credencaial de peregrino do alumnado de 1º de primaria levar a súa familia a facer o tramo do camiño e xustificalo cunha foto.

Lucas, David, Mateo e Nerea levaron as súas familias a facer o camiño.

            

Alan, Brais, Diego Adrover e Hugo fixeron de guías das súas familias e fixeron o tramo do camiño de Santiago. Moi ben rapaces, xa tedes o segundo selo da credencial de peregrino!!!

           

25 DE NOVEMBRO DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana celebrouse o día da non violencia de xénero.

Deixovos un conto para traballar cos vosos fillos e fillas a igualdade de xénero, e o respeto aos dereitos das persoas a realizarse integramente sexan homes ou mulleres.

                                                                          Conto: ARTURO Y CLEMENTINA

A HORTA DE 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º plantou ervillas, aboaron co argazo e  protexennas dos paxaros poñendo botellas recortadas.

A FESTA DO OUTONO

O alumnado de educación infantil gozou dunha xornada en contacto coa natureza no Montiño.Observaron as bonitas cores do outono neste entorno.

AS PLANTAS MEDICIÑAIS DE 6º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 6º inauguran a súa horta cunha planta de Aloe Vera.

ASÍ DE BONITA ESTÁ A HORTA!!

1º DE PRIMARIA

ADIVINA ADIVINANZA

REPASAMOS OS MÚSCULOS DO CORPO

Los músculos, an interactive worksheet by anabelenjara
liveworksheets.com

O SINDE NO BO CAMIÑO

COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE O CAMIÑO

Familiares do alumnado de 2º contestan aunha enquisa feita polos nenos e nenas sobre o que queren saber dos peregrinos/as.As respostas enviaronnas nun vídeo  xa que pola situación na que estamos non poden achegarse ao centro para compartir con nós a súa experiencia.

Familias que tamén nos deixaron a súas Compostelas e as Credenciais de Peregrino para que as viramos na clase.

Moitísimas gracias as familias que colaboraron.

                                          

PRIMEIRA SAÍDA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

 Primeira andaina do alumnado de 1º e 2º de primaria por un tramo do camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade. Comezamos o camiño na Pasaxe, pasamos por Camposancos e pola ladeira do Monte Trega para logo regresar ao cole.

Observamos o camiño na estación do outono(os froitos,as árbores, as cores...);fixámonos na sinalización do camiño e nos diferentes puntos de interese da localidade como o colexio dos Xesuitas, cruceiro de Camposancos, fonte do Aloque.

Un bonito paseo que repetiremos na primavera.

POR SE NON VOS ABRE, AQUÍ TEDES OUTRO VIDEO CON OUTRO ENLACE:

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d343692117k6411338o2l1/CAMIAMOS_EN_OUTONO

Powered by Drupal - Design by artinet