Skip to Content

Benvida

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 2024-2025

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (CURSO ACADÉMICO 2024/2025)

Estimadas familias, benvidas ao novo curso escolar 24/25. O curso comeza o mércores 11 de setembro de en horario de 8:45 a 13:45.

Abriranse as portas ás 8:40 polos diferentes accesos. As portas asignadas para os distintos cursos serán as seguintes:

Entrada e saída polo patio cuberto: 4º,5ºe 6º Educación infantil.

Entrada e saída pola porta da rampla: 1º e 2º Educación Primaria

Entrada e saída pola porta principal: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Dende o primeiro día teremos servizo de comedor, transporte e servizo de biblioteca.

O horario da biblioteca será  dende as 15:45 ata as 17:15 tódolos días agás os martes.

Este curso, o horario de atención ás familias será os martes de 15:45 a 16:45 previa cita.

A maioría das actividades extraescolares estarán a cargo da ANPA e comezaran no mes de outubro.

Unha aperta

O Equipo directivo

LIBROS DE TEXTO E LISTA DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

 Pincha nas imaxes para acceder a información

CAMPAMENTO DE VERÁN

TEATRO A XANELA DO MAXÍN

O venres pasado recibimos no colexio a Celtia Figueiras, que nos agasallou cun teatriño baseado no libro A banda dos insectos. Pasando a bóla.

Con ela aprendemos unha chea de cousas sobre como comportarnos con VALENTÍA, para tod@s xunt@s acabar co bullying.

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Ao longo da semana das Letras Galegas os diferentes cursos participaron por quendas nun escape room/busca do tesouro sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada neste ano 2024.

Aquí tedes un resumo das actividades realizadas.

VÍDEO MUSICAL "MÁIS GALEGO"

XXXIV edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor

Nos documentos adxuntos deixamos a información da Festa da bicicleta organizado polo concello de Nigrán o día 17 de Maio.

ANPA: CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

DEIXAMOS UN ADXUNTO COA INFORMACIÓN DA CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR  QUE REALIZARÁN A FEDERACIÓN DAS ANPAS DO VALMIÑOR O DÍA 9 DE MAIO.

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.CURSO 2024-25

NO DOCUMENTO ADXUNTO ESTÁ TODA A INFORMACIÓN QUE TEMOS QUE TER EN CONTA PARA FACER A SOLICITUDE.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut