DÍA MUNDIAL DEL TEATRO

     
 

  O día 27 de marzo celébrase o día mundial do Teatro 

TeatroFoi en 1961, cando o Instituto Internacional do Teatro (IIT), considerou que, dada a importancia deste xénero literario e, á vez, esta arte, habería que dedicar un día ao teatro e, así, escolleuse o día 27 de marzo para dedicarllo á arte máis antiga dos creados polo home. Desde entón, cada ano, o 27 de marzo, antes de empezar, en calquera lugar do mundo, a función, é lido unha mensaxe escrita por algunha das destacadas personalidades do teatro, de cada país integrado na IIT.

O día do Teatro se festexa en todo o mundo como recoñecemento do importante papel que pode representar o teatro nas vidas de, tanto os espectadores, como os produtores, actores e actrices, etc.

O mundo do Teatro, ao longo da Historia da Humanidade, a conseguido manter fascinados, nalgún ou outro momento, a grandes e pequenos. Entre outras moitas cousas, resulta importante coñecer os beneficios que ten a práctica do teatro, e é que este nos permite expornos e representarnos ante os demais con espontaneidade, seguridade e confianza, ao mesmo tempo que nos dá a posibilidade de incentivar e desenvolver a nosa sensibilidade e creatividade, calidades indispensables hoxe en día.

"O poder esencial do Teatro
é deixar de lado todo o que separa aos homes:
diferenzas de raza, de educación relixiosa ou política, diferenzas de linguaxe.
En cambio pon en relevo todo o que os homes teñen en común: a risa e as bágoas,
a alegría e a tristeza, a felicidade e a angustia, nunha palabra,
o que é dominio do corazón. O teatro fai aparecer o corazón
común de todos os homes, nisto é o máis eficaz vehículo de paz
".

Jean Louis Barrault

 

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet