AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE

             
             
      AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE      
             
     

Seguindo as INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO, DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE, e a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos deben proceder a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. 


Nesas instruccións concrétase que NON serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

     
     

 No noso centro as cualificacións da 2ª avaliación serán publicadas o mércores, 8 de abril

 

As familias poderán acceder a esas cualificacións a través da aplicación abalarMóbil, para isto terán que ter descargada no seu móbil ou tablet a app.

Para descargar a guía da aplicación premer aquí 

Accedendo a esta guía pódense capturar os códigos QR para descargar a aplicación.

     
     

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.
 
A  Xunta de  Galicia,  coa  finalidade de aumentar  o  acercamento  entre  o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir  aos  responsables  do  alumnado  poder  seguir  a  actividade  dos  seus fillos desde calquera lugar.
 
Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android.
A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema  operativo  é  iOS)  ou  dende  Play  Store  (se  o  sistema  operativo  é Android).
LOGOTIPO DA APLICACIÓN

 

 

     
       

As familias que non dispoñen da aplicación ABALARmobil, tamén poden acceder aos mesmos datos mediante un ordenador, identificándose en https://www.edu.xunta.es/espazoabalar/ utilizando un certificado dixital/DNIe ou Chave365.

Aquí pódese atopar máis información:



https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil



     
             

Powered by Drupal - Design by artinet