HOMENAXEAMOS A ROSALIA 2016

 

            
   

O 24 de febreiro, celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro. A través dos versos da "Chorona" facemos unha viaxe pola paisaxe galega, envolta en música de paxaros, de ríos, de fontes e de bágoas provintes de mulleres e homes que abandonaron a súa terra, por mor da fame, que azotou Galicia, a mediados do século XIX.

Este ano, os nenos e nenas do noso colexio estudamos na clase o poema "ALBORADA", coa finalidade de recitalo no patio, o día da homenaxe. Ademais ilustramos o poema xa mencionado, nunha tarxeta postal proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Deseguido enviamos a tarxeta ás nosas familias ou amigos.

Amais, o mesmo 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía, cada curso adicoulle unhas verbas á nosa escritora universal, xusto na fachada do colexio, onde tódalas mañáns a escritora nos recibe.

VELAÍ AS FOTOS DO ACTO      

   
   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo         Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo         Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo     
   

   SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DO ACTO PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

 

   
   

VELAÍ O POEMA

 

 ALBORADA

Vaite, noite,

vai fuxindo.

Vente aurora,

vente abrindo,

co teu rostro,

que, sorrindo,

a sombra espanta!

 

Canta!

Páxariño, canta

de poliña en póla

que o sol se levanta

polo monte verde,

alegrando as herbas,

alegrando as fontes!

Canta, paxariño alegre,

canta!

Canta porque o millo medre,

canta!

Canta porque a luz te escoite,

canta!

Canta que fuxiu a noite.

 (Rosalía de Castro, 1837-1885)

   
   

  

 E AGORA MOSTRAMOS AS NOSAS TARXETAS 

              

                

                               

 
 

E como colofón, presentamos unha animación en plastilina, baseada nunha historia contada por Rosalía de Castro ao seu esposo Manuel Murguía.

Esta historia Chámase 1853 O ANO DA FAME .  

 

Powered by Drupal - Design by artinet