CALENDARIO ESCOLAR 24 - 25

INICIO DE CURSO 24-25

           
  COMEZO DO CURSO 2024 - 2025  
  DATAS DE COMEZO DAS CLASES  
 

- Día 11 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

 

O horario deses días será o habitual, de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións relativas á organización deste curso escolar no que:

  • Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

       Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.

       Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 8:50 e as 9 h.

  • As saídas realizaranse ás 14 h. Cada curso terá unha porta específica de saída.  

Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas. 

Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.   

     

   

   

 

A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE.

 

 
  SERVIZO COMEDOR 2024 - 2025  

 

 

O servizo de comedor comezará o mércores, día 11 de setembro.

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa "ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA".

 
 
  1. Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.
  2. Servizo de xantar: de 14:00 a 16:00 h.

Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30.

O prezo do almorzo é de 2,42 € e o do xantar 5,46 € por comensal e día.

O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poden solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.

Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial.

O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor.

O alumnado pode facer uso do servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico. Como novidade deste curso, cada alumno/a poderá anotarse para facer uso deste servizo ou cancelalo como máximo ás 18 horas do día anterior lectivo.

A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais.

Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal.

Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden contactar enviando un correo electrónico ao enderezo soporteapp@colechef.com ou chamando ao teléfono 942 420 018.

 

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.

 

Para poder ser usuario do servizo de comedor necesitarán inscribirse na aplicación móbil COLECHEF.

 
  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
 

Informarase acerca das actividades extraescolares mediante unha circular informativa.

 
  OFICINA DO CENTRO  
 

Horario oficina: 9:30h a 10:30h - 12:30h a 13:30h

Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro.

Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica.

Teléfonos de contacto:  881 93 02 10/18

Xornada non lectiva: a partir do 11 de setembro, poderase contactar mediante AbalarMóbil con cada titor/a do grupos de alumnos/as ou a través do correo electrónico do centro: ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal 

 
           

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR 24 - 25

     
  MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR
 
 

Premendo nas imaxes accédese aos menús do comedor escolar: almorzo, xantar e menús especiais.

 

 

Premendo na imaxe accédese ás fotografías dos diferentes platos.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024 -2025

         
   CALENDARIO ESCOLAR 2024 - 2025
   
 

Premer na imaxe para ver máis grande

Na orde do 12 de abril de 2024 (DOG 23/04/24) aprobouse o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Para acceder ao DOG premer na imaxe.

   

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2024 - 2025

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO
 
   

Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/25.

O PRAZO DE SOLICITUDES É DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO

IMPRESO DE SOLICITUDE

ACCESO A TRAVÉS DA WEB

Máis información (ENTREGA DE VALES) premendo na imaxe

   
   
   
   
   

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

     
  INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CURSO 2024 - 2025  
 

Un dos obxectivos fundamentais do noso centro é facilitar a adaptación do alumnado novo, e moi especialmente do alumnado de 3 anos. O benestar das familias, e máis concretamente o do noso alumnado, é unha das nosas principais prioridades.

Neste documento que presentamos a continuación poderán atopar, tanto información sobre normas de funcionamento do centro, coma suxerencias para facilitar a incorporación do alumnado a esta nova etapa que vai comezar.

 
 
Descargar o documento en formato tríptico 
 
Período de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
 
 

SECCIÓNS BILINGÜES

             
               
     

  A sección bilingüe é un programa que consiste na ensinanza dun área ou materia non lingüística nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira, empregada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

No noso centro, levase a cabo a sección bilingüe na área de Música e Danza en 1º e 2º de Educación Primaria.

Máis información e actividades    

Premer na icona para acceder aos impresos da autorización para participar no proxecto.

                        

1º E. Primaria   2º E. Primaria

     
             

PROTOCOLO DE ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

           
  PROTOCOLO DE ACOSO: PUNTO LARANXA  
   

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas é a instalación do PUNTO LARANXA, un espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Este PUNTO LARANXA está situado na planta alta do centro.

Para acceder ao protocolo premer na imaxe.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

BLOGS DE RECURSOS

     
  BLOGS DE RECURSOS DO CENTRO  
 

Lembramos que están actualizados e disponibles para toda a comunidade educativa os blogs de recursos do centro, con cantidade de recursos de educación infantil, matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias da natureza,  así coma o blog de lectura na rede. 

Para acceder premer nas imaxes

        

      

     

 

Powered by Drupal - Design by artinet