Skip to Content

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades. Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

 

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becasayudas/

para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dg1

 

 Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos. Posteriormente terán que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de ser o caso).

 

Prazo de presentación dende 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

AdxuntoTamaño
Becas ANEAE 2022-2023.pdf73.42 KB


story | by Dr. Radut