Na Caloteca temos un montón de libros que nos achegan ao mundo das árbores, unhas veces curioso outras enigmático e sempre emocionante. Todos estes libros teñen en común un profundo respecto e admiración polas árbores. Algúns fano dende unha perspectiva etnobotánica, outros máis ben dende a ecoloxía destacando a importancia das árbores en todos os ámbitos da vida humana e alertando do perigo que supón para a nosa supervivencia a destrucción dos bosques.
No noso cole temos a sorte de desfrutar de espacios verdes e árbores, onde podemos xogar, bailar, pintar, investigar, ler... e vivir todas as estacións do ano.
Coidemos as árbores porque elas coidarán de nós.