Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O USO DO COMEDOR

 

Contamos no noso centro con un comedor que da servizo a 286 prazas para o alumnado.

O uso do comedor implica unha serie de condicións e obrigas recollidas na INSTRUCIÓN 2/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL  E UNIVERSIDADES,  DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024 

Comunicación de NON USO do servizo de comedor.

Se por calquer circunstancia, un dos días non se vai usar o comedor, incluso aínda que teña dereito á gratuidade total do servizo de comedor, debe avisar da ausencia antes das 9:45 do día que non vaia a facer uso do comedor. Pode avisar dos seguintes xeitos:

  • En conserxería, cubrindo o formulario dispoñible. Formularios e Impresos.
  • Por email: Asunto: COMEDOR. Enviando  cuberto o formulario de non uso do comedor ou escribindo no mail o nome e DNI da persoa responsable do alumno/a, e o nome do alumno/a que non van facer uso do servizo.

Perda do uso do dereito ao comedor:

  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

 

NORMATIVA COMEDORES ESCOLARES:

DECRETO 132/2013, de 1 de agosto, por el que se regulan los comedores escolares de los centros docentes públicos no universitarios dependientes de la consellería con competencias en materia de educación.

 

AdxuntoTamaño
Instrución COMEDOR_2023-24_0.pdf392.27 KB


page | by Dr. Radut