Skip to Content

Saída do alumnado

En cumprimento do establecido na instrución 9/2017 da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos pola que se establecen normas sobre a saída dos alumos/as escolarizados nos centros educativos públicos da Comunidade Autónoma Galega ao remate do horario lectivo  informamos que:

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

  • O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria poderá abandonar só o centro escolar ao remate da xornada lectiva, ao finalizar as actividades extraescolares e excursións ou visitas culturais sempre que o centro conte coa debida autorización da súa familia.
  • O resto do alumnado deberá ser recollido polos seus pais ou persoas autorizadas por estes. Neste caso o centro debe contar coa debida autorización . Tamén se poden autorizar a irmáns maiores de 5º e 6º de E. Primaria para facer dita función.
  • No caso de separación ou divorcio atenderase ao procedemento establecido na sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.
  • O alumnado permanecerá custodiado no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial, a partir do horario de recollida fixado. Os responsables da recollida dos nenos/as terán obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir, de non contactar con eles nun período inferior a 30 minutos, remitirase á Policía Local ou Garda Civil.
  • Cando un alumno/a teña que saír do centro en horario lectivo deberá ser recollido por algún dos seus proxenitores ou por persoa autorizada previamente. Para iso deberá cubrir o correspondente xustificante na conserxería do centro.

RECOLLIDA NAS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

  • ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º, 2º, 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.
    • O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.
    • Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto.
    • Os autobuses esperarán nas paradas o tempo necesario para asegurar a recollida dos escolares, que, en todo caso non excederá de 5 minutos.
    • Transcorrido ese tempo continuarán co seu itinerario levando consigo ao alumnado non recollido ata as dependencias da empresa de transportes, onde permanecerán custodiados ata a hora de peche, momento no que poderán ser levados ás dependencias da Policia Local ou da Garda Civil para traspasarlles a custodia dos/as menores.

A reiteración destas dúas últimas circunstancias en máis de 4 ocasións poderá dar lugar, tralo oportuno análise das circunstancias familiares concorrentes, á revisión do medio de saída do centro e/ou o medio de recollida nas paradas escollido para os escolares.

  • ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
    • Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre cas persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.
AdxuntoTamaño
instruccion_9_2017_saida_alumnos.pdf600.7 KB


page | by Dr. Radut