Skip to Content

Transporte

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Dende o día 6 ata o 31 de maio en horario de secretaría poderedes solicitar ser usuarias e usuarios do servizo de transporte escolar para o vindeiro curso.

Atención ao público Administración de luns a venres: 09.00 a 11.30 e de 12.00 -13.00.

Esta solicitude será para o alumnado que está matriculado no centro.

O resto do alumnado de nova admisión fárao no momento de formalizar a matrícula.

Nos adxuntos podedes descargar a solicitude e ver as paradas existentes. Calquera dúbida resolverase no centro.

1. Solicitude excepcional de transporte, para aquelas familias:

- fóra da área de escolarización do centro

- con domicilio a menos de 2 Km

2. Solicitude de transporte, para todos os demais casos, usuarios lexítimos de transporte.

Importante: todas as solicitudes entregaranse de forma presencial na secretaría con rexistro de entrada. No caso de non poder facelo persoalmente poderedes autorizar a outra persoa a tramitar dita petición no horario establecido de mañá.

Documentación que se adxunta:

- Cadro de paradas

- Modelo de solicitude ordinaria

- Modelo de solicitude excepcional

- Modelo para solicitar dúas paradas diferentes por conciliación

HORARIOS DO TRANSPORTE. SAÍDA DA PRIMEIRA PARADA

Aquí deixamos o horario de saída da primeira parada que figura na aplicación de transporte da Consellería. É orientativo. É convinte estar nas paradas cunha mínima antelación tanto á entrada como na saída.

RUTA 1- UXES 2

HORA DE SAÍDA: 08.11

RUTA 2- A CHOUPANA 2

HORA DE SAÍDA: 08.38

RUTA 3- AVENIDA PASTORIZA 3

HORA DE SAÍDA: 08.40

RUTA 4- A CAMPANILLA

HORA DE SAÍDA: 08.40

RUTA 5- RESTAURANTE O POTE

HORA DE SAÍDA: 08.40

RUTA 6- A MACEIRA

HORA DE SAÍDA: 08.38

RUTA 7- GASOLINERA VILARRODÍS

HORA DE SAÍDA: 08.37

RUTA 8- TRAVESÍA DE OSEIRO

HORA DE SAÍDA: 08.33

NOVAS TRANSPORTE: ACTUALIZACIÓN PARADAS E INSTRUCIÓN 1/2023

O Servizo de Transporte modificou as paradas:

Avenida Pastoriza nº 3, por Libraría Pili

Avenida Pastoriza, nº 33, por Río Avenida

Publícase a Instrución conxunta 1/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2023-2024.

AVISO FAMILIAS RUTA 4

A parada de Local A Roxa, farase na zona destinada á parada de bus sinalizada. Imaxe de google maps.


 

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DE 5º/6º DE E. PRIMARIA

INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCIÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA AO REMATE DO HORARIO LECTIVO E SOBRE A RECOLLIDA DELES NAS PARADAS ESTABLECIDAS NO TRANSPORTE ESCOLAR.

Recomendacións aplicables ao alumnado de 5º e 6º de Ensinanza Primaria, Ensinanza Secundaria, Formación Profesional  e Bacharelato

"Os escolares poderán baixar sós, sempre que as persoas determinadas nesta lnstrución como responsables seus presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

Ditas  autorizacións  faranse chegar ás empresas de transporte para o seu coñecemento."

 

Un cordial saúdo 

Distribuir contido


by Dr. Radut