Ante o inicio do servizo de comedor, cómpre ter moi en conta, según a Instrución 3/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o que a continuación se detalla:
1. Os usuarios ou usuarias deberán comunicar obrigatoriamente ao centro os días nos que non vaian facer uso do comedor cunha antelación mínima das 9.45 h de cada día se queren que eses días nos sexan tidos en consideración nos pagamentos.
Enviar ao correo ceip.galan@edu.xunta.gal
2. Os usuarios ou usuarias do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, serán suspendidos ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días
3. Os usuarios ou usuarias do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas ante a dirección do centro educativo.
4. Os incumprimentos no pagamento dos prezos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses. ( Alumnado que ten que aboar o servizo).
Outros aspectos:
- Empresa: Jardanay
- Os menús serán enviados trimestralmente desde o centro.
- As familias recolleredes aos vosos fillos e fillas no hall da entrada todos os días.
- A saída será ás 15.20 e 15.50 horas, rógase puntualidade nestes horarios por organización do servizo.
- Dos pagos do servizo de comedor informarase en breve.