Skip to Content

CAPÍTULO 12. "TAS OU NON TAS"

Este curso seguimos co noso programa “TAS OU NON TAS” con novos colaboradores. Moitos parabéns!

Dende a biblioteca imos traballar un novo proxecto titulado “ESTAMOS RODEADOS” co que imos coñecer todos os animais que nos rodean, adicando este capítulo a un anfibio que na nosa zona coñecémolo como SACABEIRA.

Esperamos que vos guste!

SAÍDA Á PRAIA SETEMBRO 2023

O venres 29 de setembro realizamos unha saída á praia das Pólas. Foi un día moi divertido no que todo o alumnado do colexio gozou deste entorno tan marabilloso no que está situado o noso centro.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

APERTURA DA BIBLIOTECA

Benvidos/as ao curso 23-24

COMEDOR ESCOLAR

Aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración para a utilización do comedor escolar no curso 2023/24.

Pódese descargar o impreso dende AQUÍ

Ademais, aqueles pais/nais que desexen ser COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024, podedes descargar o impreso AQUÍ

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 22-23.

O pasado 21 de xuño puidemos gozar dun estupendo festival de fin de curso ideado e organizado polo noso mestre de Música, Manuel. As alumnas e alumnos deleitáronos coas súas actuacións nas que demostraron o gran talento artístico que teñen. Parabéns!

 

CAPÍTULO 11. TAS OU NON TAS

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023-2024

Aberto dende o 20 ata ao 30 de xuño de 2023, o prazo para a formalización de matrícula do alumnado admitido para o curso 2023-2024 no noso centro educativo.

 

PROFESIÓNS

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CONTINUARON TRABALLANDO AS PROFESIÓNS DURANTE ESTE TERCEIRO TRIMESTRE, PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO NO SEGUINTE VIDEO:

 

GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut