Skip to Content

INNOVART2024

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria visitaron a exposición Innovart2024, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago onde participaron en diversos obradoiros e disfrutaron de concertos e espectáculos escénicos.

Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se imparten en Galicia.

(Prema na imaxe para ver as fotos)

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro de papiroflexia do alumnado de 4º de Infantil e 6º de Educación Primaria.

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS.

O pasado 8 de abril, persoal do centro recibiu un obradoiro moi interesante de Primeiros Auxilios organizado pola ANPA e impartido por Aurora Vizoso, enfermeira do 061.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

LIMPEZA PRAIA DE LLAS

Dentro do Programa “VOZ NATURA”, os grupos de 3º e 4º de Primaria realizamos hoxe unha actividade de limpeza na Praia de Llas, arrincando a especie invasora que tapiza e ameaza as dunas, Carpobrotus Edulis ou Unlla de gato e na procura de lixo que atopamos.

 (PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DE LA VOZ DE GALICIA)

(PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DE LA VOZ DE GALICIA)

BUSCA DE BICHOS

CLUB DO CÓMIC

CAMPIONATO COMARCAL DE XADREZ.

O sábado 16 de marzo, parte do alumnado do noso centro participou na derradeira xornada do Campionato Comarcal de Xadrez, dentro do Programa Xogade.

O equipo de Alevín conseguiu a MEDALLA de BRONCE.

Parabéns a estes campións.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

PARABÉNS AYA!

A nosa querida alumna Aya Hibti, medalla de prata na proba de 1.000 metros en Pista Cuberta no Campionato galego sub 10, que se celebrou o pasado fin de semana. Parabéns Aya! Estamos moi orgullosos de ti.

(Prema na imaxe para ver a nova)

CHARLA INFORMATIVA SEPRONA 5º E 6º EP

Hoxe, 12 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron na escoita dunha charla por parte dun membro do servizo de SEPRONA, da comandancia de Lugo. Explicoulles o traballo que realiza este servizo na nosa comunidade: 

  • Conservación da natureza e recursos hidráulicos.
  • Conservación da riqueza cinegética.
  • Conservación de recursos piscícolas.
  • Conservación de recursos forestáis.
  • Patrullas e equipos. Animais domésticos, caza, pesca... 

Esta charla está incluída no PLAN DIRECTOR. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

DÍA DA MULLER

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut