Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2022-23.

MARIÑA AMBIENTAL 9 MAIO

 

O pasado martes, 9 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP participaron nunha actividade do programa Mariña Ambiental (da UDC). A actividade consistiu en realizar unha saída a pé, dende o colexio ata Riosmar, na desembocabura do río Alemparte. Despois de recibir as indicacións oportunas, realizaron unha recollida de lixo na mesma praia. Logo, clasificaron os resíduos e leváronos aos colectores correspondentes. Resultou ser unha actividade moi interesante, na que o propio alumnado quedou asombrado da cantidade de lixo que atoparon.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

 

CONCERTO DE CÉ ORQUESTRA PANTASMA.

O pasado xoves, 11 de maio, dentro do noso proxecto en conmemoración do Día das Letras Galegas, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

A Real Academia Galega adícalle a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010) o Día das Letras Galegas 2023.

Dende a biblioteca deixámosvos varios enlaces con información da súa vida e obra.

 

Excursión en O Grove. Día 1.

O alumnado de 5° e 6° de Primaria, estamos disfrutando duns días en O Grove. Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o estamos a pasar!

E se chove, que chova!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfondonois/galeria/thumbnails.php?al...

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 9.

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos fala das piñas dos piñeiros, máis coñecida na nosa zona por CAROCAS.

Coma sempre, quedou xenial! Parabéns!

MARIÑA AMBIENTAL.

O pasado venres, presentaron no noso cole a segunda edición do programa Mariña Ambiental, actividade organizada pola Universidade da Coruña (UDC), no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa.

Ademáis, realizáronse diferentes actividades relacionadas coa xestión dos residuos seguindo os principios de prevención, recollida separada, compostaxe e reciclaxe, entre elas: cálculo da pegada ecolóxica da xeración de residuos, Eco-auditoría de residuos (cantidades, composición e recollida separada) e limpezas da Praia dos Xuncos.

AO AIRE LIBRO 2023

O luns 24 de abril conmemoramos no noso colexio o Día do Libro, realizando a III Edición da actividade ´AO AIRE LIBRO´. 

Para ver as fotos, preme na imaxe.

BOTA, BOTA A PELOTA.

EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA: 2º, 3º E 4º DE EP

O pasado 13 de abril, o alumado de 2º, 3º e 4º de EP saíron de excursión a Santiago de Compostela.

Pola mañá realizamos unha visita guiada ao Museo de Historia Natural onde puideron apreciar a diversidade de especies animais, de plantas, de rochas e de minerais.

Pola tarde participaron en diversas actividades no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut