As familias recibirán nos seus domicilios unha tarxeta igual a da imaxe.
É unha tarxeta prepago que ainda que non leva nome, está asociada a un DNI, por iso hai que activar a mesma e xa lle cargan os importes correspondentes a cada DNI.
NON é preciso gastar todo o saldo en unha sóa compra, vaise descontando cada vez que se compra.
Lembrar que en estado de alarma recoméndase facer unha única compra grande.
Se a compra supera o saldo, pode pagarse a diferenza en efectivo.
Pode usarse nos Supermercados Familia de Carballo.
Que non se tiere a tarxeta unha vez rematado o saldo, xa que de ser preciso recargaríase de forma automática en futuras ocasións.
Os importes que de cada tarxeta son os seguintes:
*** Esacolas Infantís 120€ por cada crianza
***CEIPS: 56€ por crianza( 2 nenas/os =112, 3=168)
( para que sexa compatible coa ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.
LEMBRAR AS FAMILIAS QUE FAGAN UN USO RESPONSABLE DA TRXETA, RECOMÉNDARLLE A COMPRA DE PRODUCTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE E PRODUCTOS FRESCOS PARA POTENCIAR UNHA DIETA EQUILIBRADA E SALUDABLE.