Skip to Content

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

Estimadas familias.

Informámosvos  que se acaba de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

  

Prazo de presentación: do 21 de maio ata 22 de xuño de 2021.

Modo:

De xeito presencial  na secretaría do Centro.

Por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS (Portal da Consellería de Educación).

Sede electrónica.

Documentación:

Única solicitude por familia (ANEXO I e II).

Fotocopias  e  orixinais da documentación xustificativa dos criterios alegados.

O alumnado de sexto deberá presentar a solicitude no IES no que estea admitido.

Captura.PNG


blog | by Dr. Radut