Ola familias.
Chega o Entroido e toca celebralo dun xeito moi diferente polas circunstancias sanitarias. Como entenderedes, este curso prescindiremos do desfile pola Praza de Pontevedra pero ímolo suplir con algunha actividade dentro do Centro.
A temática xeral este ano pretende relacionar as diferentes tradicións galegas co proxecto de Centro “O Eusebio, de aquí, acolá e mais alá”, para que, dalgún xeito, as nosas tradicións cheguen a moitas partes do mundo.
Os temas elixidos en cada nivel son os seguintes:
· Infantil 3 anos: “Gondoleros”
· Infantil 4 anos: “Dende Galicia a Australia e Nova Zelanda, unidos polas tradicións”.
· Infantil 5 anos: “ Dende o Samaín galego ata o Día dos Mortos de México”.
· 1º : Portugal/ África/Madagascar
· 2º: Choqueiros
· 3º: Exipcios
· 4º: Peregrinos
· 5º: Choqueiros
· 6º: Gregos
O plan previsto, en principio, é que os nen@s veñan disfrazados dous días:
· Xoves 11 de febreiro: virán co disfraz da temática que corresponde ao seu nivel.
· Venres 12: disfraz libre.
Moitas grazas pola vosa colaboración.